O mércores 18 de marzo tivemos unha sesión de contacontos e de animación á lectura na nosa biblioteca. A sesión foi destinada ao alumnado de Educación Infantil que disfrutou participando activamente na historia que lles contou Iago López: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS.
"Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles"
(SINOPSE DO LIBRO NA PÁXINA DA EDITORIAL)
Preme na imaxe para acceder ao blog Barbádegos (portal de literatura infantil e xuvenil) onde veredes unha interesante reseña sobre este libro.
OS MEDOS DOS NENOS/AS NA LITERATURA
Aquí tedes un enlace ao estudo publicado polo Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil y Juvenil (Fundación Germán Sánchez Ruipérez- Colección Temas en la Literatura Infantil y Juvenil
Nº 3) onde se analizan os tipos de medos presentes nos cativos/as e unha ampla selección de libros sobre este tema
... e algúns dos libros que temos na nosa biblioteca sobre esta temática: