Hola lectores e lectoras!
Os nenos e nenas dos clubes de
lectura estivemos a voltas co libro “Megatoxos e o aprendiz de druída”. Esta é
unha novela fantástica, moi divertida e aventureira que fala das viaxes no
tempo.
Fíxonos PENSAR sobre que pasaría se cambiásemos o noso futuro e sobre a
importancia da historia na nosa vida.
Desta vez foi unha lectura un tanto especial, porque o
venres 4 de maio tivemos no cole a visita do seu autor, ANXO FARIÑA, escritor e
ilustrador de Vigo.
Anxo respostou ás nosas inquedanzas sobre o complexo mundo
da escritura. Explicounos o proceso de creación dunha historia, acompañada de
ilustracións. Así decatámonos do duro traballo que hai detrás dunhas páxinas.
Ademáis, como sorpresa, fíxonos dous debuxos: un deles sobre
unha personaxe da novela, e outro máis personalizado, da nosa compañeira Lola!
Quedamos abriados da rapidez co que o fixo.
Deunos uns truquiños para debuxar e puxémonos mans á obra!
De todo quedámonos coa idea de que pódese facer unha
historia de calquera cousa, só hai que poñer as nosas cabezas a cavilar e
deixarnos levar pola imaxinación.
Esta é unha pequena mostra da súa visita:
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow