“A imaxinación é a única arma contra a realidade”.
Desta vez, nos clubs de lectura adentrámonos nun clásico da
literatura, “Alicia en el país de las maravillas” do ano 1865. Optamos por unha
edición ilustrada da man de Rebeca Dautremer.
Foi unha historia que nos fascinou a todos. Nela recréase un
mundo imaxinario, no que todo aquilo que nos propoñamos pode facerse realidade.
Serviunos para fixarnos nas distintas personalidades que aparecían, sobre todo
analizando a personaxe principal,
Alicia.
Tivemos charlas moi interesantes, analizando as ilustracións
(que tiveron defensores e detractores) e mesmo tivemos a oportunidade de
aproveitar a carballeira do cole para unha lectura na natureza.
Continuaremos lendo! Aquí vos deixamos unha pequena mostra
dos encontros.