E velaiquí o resumo dalgunha das actividades realizadas con motivo da celebración DA SEMANA DO LIBRO:
- V APADRIÑAMENTO LECTOR:
Xa un clásico no noso centro, actividade demandada polos nenos e nenas, pequenos e maiores, aos que lles encanta compartir este momento de lecer no que todos se senten un pouco protagonistas e importantes. Uns por ser os "padriños" que contan e ensinan aos máis pequenos, querendo captar a súa atención e querendo sacarlles un sorriso ou unha mirada de admiración ou asombro coa historia que lles están relatando. E os "afillados" porque se senten queridos e amparados por un "maior", compartindo entre os dous un momento especial no que se fomentan as relacións interpersoais.
Como, tamén un ano máis o tempo quixo acompañarnos, os nenos e nenas repartíronse ao longo do patio do centro: na zona verde do patio dianteiro, na zona da entrada, nos patios cubertos posteriores e na pequena carballeira coa que contamos.
- EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS:
Enlazando co proxecto documental integrado que levamos a cabo este curso no que facemos especial fincapé no noso patrimonio tanto monumental, coma cultural ou inmaterial, organizamos unha exposición sobre libros antigos.
Moitos foron aportados por distintos membros da nosa comunidade educativa e outros forman parte dos fondos da nosa biblioteca onde contamos cunha sección que chamamos "HISTÓRICA" na que imos xuntando aqueles libros que consideramos xa demasiado antigos para ser expostos nos andeis de lectura, pero que polas súas características (antigüidade, temática, rareza...) consideramos que debemos "salvar" e gardar como curiosidades.
Exposición libros antigos by Slidely Photo Gallery

- LENDO XUNTOS: tesouros de papel
Tamén en relación co noso proxecto "AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E PEDRA" e os ENCONTROS 4X (4 XERACIÓNS) realizamos a actividade ”TESOUROS DE PAPEL”.
Para desenvolver esta actividade convidamos ás familias dos cativos de Educación Infantil a que viñeran á escola para lerlles ou contarlles un conto aos nenos e nenas da aula na que está o seu fillo ou filla.

A partir desta actividade xurdiu outra, que nos animou a descubrir o conto ou o libro preferido dalgún membro da nosa familia, ese texto que leu fai moitos anos e nunca puido esquecer.
E así foron chegando diferentes pais e nais, avoas que traian os seus TESOUROS DE PAPEL para presentalos na escola, ante a atenta mirada de todos e todas que non perderon detalle...
Moitas grazas a todos: papás, mamás e avoas que viñeron á escola para compartir con todos nós os seus tesouros de papel.