Xa temos aquí outra nova sesión do Club de Lectura. Desta vez, por mor da celebración do Día Internacional da Poesía o 21 de marzo e de que na nosa biblioteca dedicamos o mes de maio á poesía, estivemos lendo a diferentes mulleres poetas. Deste xeito aunamos tamén a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller .
Cada un de nós leu un poema, que levaba adxunto algún material audiovisual engadido. A partir desta lectura, compartimos ideas, as sensacións que nos transmitían, debatimos sobre se as cancións e as poesías eran o mesmo ou non, valoramos a necesidade da rima nun poema e analizamos as diferentes formas de transmitir sentimentos que cada unha das poetas tiña.
A partir de aí, por grupos, escollendo un verso de cada poema construímos un novo, dando lugar á nosa propia creación.
Velaquí vos deixamos a mostra!
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
Velaquí vos deixamos a mostra!
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
Estas son as poesías que estivemos lendo: