Lectores xa estamos ás portas do NADAL! Unha festa chea de ilusións, maxia, emocións... Un tempo reservado para o reencontro familiar, para vivir con intensidade as noites máis longas do ano e iluminar coas luces e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Se picades no seguinte enlace atoparedes un banco de recursos para O NADAL
Se queredes saber máis cousas sobre o Nadal picade nas seguintes actividades LIM:
Na biblioteca estas semanas estivemos moi afaenados cos obradoiros, sacando libros dos andeis, preparando os adornos...
Nos obradoiros desenvolvidos nos recreos das últimas semanas os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizaron coroas de Nadal recortando e pegando as mans, os de 3º e 4º recortaron tiras de diferentes cores para realizar a súa coroa e os nenos de 5º e 6º fixeron adornos de Nadal con pinzas. Despois de moito traballo quedaron moi contentos cos resultados:
Dos andeis da biblioteca sacamos os libros coa temática do Nadal, esta é unha selección que está no corredor da entrada , esperamos que vos gusten:
Dos andeis da biblioteca sacamos os libros coa temática do Nadal, esta é unha selección que está no corredor da entrada , esperamos que vos gusten:
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
Os adornos de Nadal xa colgan do teito, as paredes, os andeis e os corredores están decorados para a ocasión convidándonos a todos a que nos impregnemos da maxia do Nadal.
Así de fermosa está este ano a Biblioteca:
decoracion nadal
Queredes coñecer a verdadeira historia da árbore de Nadal?? No seguinte vídeo cóntannola:
Se queredes coñecer a verdadeira historia de Rudolf, o reno co nariz vermello, o axudante de Santa Claus, ollade este conto curto e divertido. Con el poderedes coñecer como este reno se converteu no líder dos renos de Papá Noel na noite de Nadal
Disfrutade con estas panxoliñas e villancicos: