Xa estamos de volta! O equipo da Biblioteca davos a benvida, deséxavos un bo inicio de curso e espera que veñades cargados de enerxía e con moita ilusión para disfrutar con todas as actividades que estamos preparando.
A biblioteca abre as súas portas no mes de outubro para que poidades investigar, vivir aventuras, compartir experiencias e disfrutar dos novos espazos de xogos que inauguramos no curso pasado.
Dámosvos a benvida e invitámosvos a acompañarnos nun milleiro de aventuras!!