miércoles, 31 de octubre de 2018

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Ola Lectores!! Pasiño a pasiño... xa estamos no Samaín !!  O  Samaín é unha festa de orixe celta que significa o fin do verán e o comezo do inverno;  era unha das  datas mais importantes do calendario celta que celebraban na noite do 31 de outubro porque eles consideraban que era unha noite moi perigosa porque as ánimas do máis alá podían vir para saldar as contas pendentes. Para escorrentar a estas ánimas eles colgaban,  nas portas das súas casas,  as caveiras dos inimigos con candeas acesas no seu interior.
Esta festa foise extendendo por toda a xeografía céltica europea, e no caso de España polas Comunidades de Galicia e Asturias.
A tradición das caveiras foi substituída polas cabazas con candeas acesas.e transformouse nunha festa que lle poderiamos chamar "un entroido do medo".


Ao longo de toda a semana na biblioteca celebramos diferentes actividades co gallo do Samaín:
Decoramos a Biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos,  arañas...para  convertila nun recuncho de moito, moito...medo!!


Dos andeis sacamos os libros para facer a exposición dos libros de medo, esta é unha pequena mostra:


Convocamos en colaboración cos equipos de Voz Naura,  TIC e Dinamización da Lingua Galega o VI  Concurso de Contos de Medo, este ano seguindo o Plan Lector e aproveitando a excursión que realizamos,  na nosa contorna,  ao Bosque do Falán, a historia debe estar ambientada no bosque do Falán ou nun bosque de carballos, castiñeiros ou bidueiros Se picades  no seguinte enlace atoparedes o cartel:
Celebramos nos recreos de toda a semana obradoiros de decoración de cabazas...


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

Que así locen na exposición da entrada do cole. Que meedo!



cabazas Samaín 2018
 Se picades nos seguintes enlaces atoparedes actividades LIM sobre o Samaín:
Chegou o Samaín
O Samaín /Outono

Ollade este contacontos  : A que lle teñen medo os monstros??


Rematamos cos video das canción sobre o Samaín e  dos esqueletos: