Unha das actividades programadas este curso no que desenvolvemos o proxecto de METEOESCOLAS: MOITO OLLO AO METEORO!!! foi a elaboración dun dicionario de termos relacionados coa meteoroloxía. Cada curso, dende infantil ata a primaria, encargouse da definición en galego de varios termos, acompañado cada un deles dun debuxo ou imaxe relativa ao mesmo e expresado nas tres linguas que estudamos no centro: galego, castelán e inglés.
Unha vez que cada aula rematou o seu traballo, fixemos a recopilación de todos e xa temos aquí O NOSO DICIONARIO DE TERMOS METEOROLÓXICOS. Dicionario que iremos completando ao longo de vindeiros cursos e que de momento xa conta con 45 termos definidos. Parabéns a todos polo estupendo traballo realizado!!