sábado, 17 de junio de 2017

ESTE VERÁN ...MERGÚLLATE NUN MAR DE LIBROS

Xa chegaron as vacacións!!!! O momento que estabamos esperando para descansar e disfrutar das ondas do mar, dos baños na piscina, dos paseos pola montaña e de gozar coa lectura dun libro! Na piscina, no coche, no tren; as boas temperaturas e as vacacións fan que calquera lugar se poida converter nun escenario ideal para mergullarnos no universo da lectura. A dúbida só pode ser  unha, que libro ler? Para axudarte nesa elección o equipo da biblioteca fixo a seguinte selección de libros para toda a familia para que este verán  todos vos mergulledes nun mar de libros!!!!
Esperamos que sexa do voso agrado!!!