O día 23 de abril celebramos en España o Día Internacional do Libro e dos Dereitos do Autor, unha conmemoración que ten como obxectivo o fomento da literatura e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor e que busca espertar nos mais novos o amor pola lectura.
Esta celebración remóntase ao ano 1926, se queredes coñecer a orixe desta celebración picade no seguinte enlace DIA DO LIBRO
Este ano no que celebramos o IV aniversario da morte de Cervantes, o Equipo da Biblioteca propón unha serie de actividades e enlaces que poden utilizar desde os nenos de infantil ata os maiores de primaria para que, ao longo de toda esta semana, vaiades coñecendo a este autor e unha das súas obras mais importantes : O Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha.
Se queredes coñecer a vida e as obras deste autor picade, os mais grandes no seguinte enlace CERVANTES e, se queredes escoitala, picade na BIOGRAFÍA.
Os mais pequenos poden picar no seguinte enlace Cervantes para nenos para escoitar a vida do autor ou no enlace Biografía para nenos
Os mais pequenos poden picar no seguinte enlace Cervantes para nenos para escoitar a vida do autor ou no enlace Biografía para nenos
Nos seguintes enlaces atoparedes actividades e recursos moi interesantes sobre o Quixote:
A aventura dos muíños
O Quixote
Picando no seguinte enlace atoparedes unha selección de vídeos Aventuras Quixote
Picade en Recursos e atoparedes actividades moi interesantes.
Neste enlace atoparedes moitas e variadas actividades moi divertidas: Actividades
Actividades LIM:
Contos Lim Cervantes para nenos
Para os grandes lectores este libro : O Quixote para nenos: