jueves, 31 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Desde o ano 1967, o día  2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais cativos. Todos os anos editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para ese día:
Este ano, a sección de IBBY do Brasil foi a encargada de elaborar o cartel. A imaxe é do debuxante e ilustrador Ziraldo; o texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que exerce unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. 
  


No seguinte video fannos un resumo da historia deste día:


Se queredes coñecer a páxina española da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil picade no seguinte enlace: OEPLI


No seguinte enlace atoparedes unha selección de libros moi interesantes: LIBROS