martes, 12 de mayo de 2015

MAIO : MES DAS LETRAS

No mes de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha celebración instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego.
Cada ano dedícaselle a unha personalidade diferente, elixida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixe como mínimo dez anos desde o seu falecemento. 

 Se queredes saber mais cousas da súa historia ollade o seguinte video;


Esta é unha escolma dos homenaxaeados/as: 



Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde, político, historiador, escritor, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e que faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade. Ao longo da súa vida escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos. pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar poroduccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia Medieval, Don Quijote y el amor Trovadoresco, La Toponimia Gallega, Rosalía no seu fogar...Para coñeder máis cousas sobre a súa vida e a súa obra ollade esta montaxe realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón)




Se queredes saber máis sobre o Día das Letras Galegas e sobre Filgueira Valverde, pica no seguinte enlace e iredes ao Blog de Dinamización MEDRANDO CO GALEGO
ENLACE



martes, 28 de abril de 2015

PARABÉNS A TODAS AS MAMÁS

O primeiro domingo do mes de maio celebramos O DIA DA NAI, unha festividade que se celebra na honra de todas as nais.
O equipo da biblioteca quere felicitar a todas as nais da nosa comunidade educativa desexándolles que pasen un magnífico día.

Comezamos a nosa felicitación coa seguinte poesía con pictogramas:


Seguimos con este video no que uns nenos din o que pensan das súas  nais 


Rematamos escoitando estas cancións esperando que sexan do voso agrado;




Para todas as mamás...




sábado, 25 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Esta semana foi a semana da festa dos libros no cole, e na biblioteca tivemos moito movemento, exposición de libros cun montón de novidades, dúas sesións de contacontos, segunda edición do apadriñamento lector e... moitas visitas por parte dos nosos alumnos/as, sinal de que os libros e a biblioteca forman parte da vida cotiá do centro.

O luns comezamos coa nosa exposición "En abril libros mil", da que xa falamos en novas anteriores.
O martes tivemos dúas sesións de contacontos, unha para 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e outra para 1º e 2º de Educación Primaria.

A fantástica actriz Sabela Gago engaiolou aos nenos/as coas súas historias "As maletas viaxeiras"

"Entre maleta e maleta, a contadora implica aos nenos para facer unha viaxe entre os libros que os levará por cidades de todo o mundo, ata chegar a China e coñecer a Melisa. Entre todos axudarán á ratiña a averiguar “quen é o ser máis poderoso do Mundo” e na busca da verdade visitarán ao sabio Chín-Lú e viaxarán polo ceo para atopar ao Sol, ao Vento e á Nube e regresar a Muralla Chinesa, que garda o segredo. Un divertimento entre a palabra e a imaxinación , que convida a xogar e aprender"
(Sinopse da obra na páxina web oficial de Sabela Gago)

Coma sempre Sabela conseguiu captar a atención de todos os nenos/as, facéndoos ademais partícipes das súas historias mediante xestos, sons, accións... Moitas grazas Sabela polo teu traballo e ata pronto...

E o xoves 23 celebramos a segunda edición do "Apadriñamento Lector", despois do recreo, os padriños e madriñas foron ás diferentes clases a buscar aos seus afillados e afilladas para baixar ao patio do colexio. Alí sentáronse libremente e contaron os seus contos ... Ademais dunha actividade de animación á lectura, favorecemos as relacións interpersoais, a responsabilidade, a cooperación...


miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Para que disfrutedes  do DÍA DO LIBRO ollade estas magníficas curtametraxes para o fomento da lectura.
Son cinco historias diferentes que nos animan a adentrarnos no mundo de misterio e de fantasía que nos proporcionan os libros


Na entrada da biblioteca  fixemos unha selección de libros  para que nesta data tan especial vos acerquedes á biblioteca e disfrutedes coa súa lectura.


 CURTAMETRAXES PARA  FOMENTAR A LECTURA

viernes, 17 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO


Con motivo da celebración o próximo 23 de abril do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, xa estamos preparando diversas actividades na nosa biblioteca:

 1- Unha exposición de libros:  EN ABRIL LIBROS MIL 

2- Unha sesión de contacontos que se celebrará na biblio o próximo 22 de abril para o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

3- A segunda edición da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR

Deixámosvos aquí o enlace ao marcapáxinas e díptico que acaba de publicar a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar este día, cun texto de María Solar.
(Fai clic na imaxe para visualizar todo o díptico)

lunes, 23 de marzo de 2015

AUGUSTA E OS SEUS MEDOS

O mércores 18 de marzo tivemos unha sesión de contacontos e de animación á lectura na nosa biblioteca. A sesión foi destinada ao alumnado de Educación Infantil que disfrutou participando activamente na historia que lles contou Iago López: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS.


"Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles"   
(SINOPSE DO LIBRO NA PÁXINA DA EDITORIAL)



Preme na imaxe para acceder ao blog Barbádegos (portal de literatura infantil e xuvenil) onde veredes unha interesante reseña sobre este libro. 

OS MEDOS DOS NENOS/AS NA LITERATURA 


Aquí tedes un enlace ao estudo publicado polo Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil y Juvenil (Fundación Germán Sánchez Ruipérez- Colección Temas en la Literatura Infantil y Juvenil Nº 3) onde se analizan os tipos de medos presentes nos cativos/as e unha ampla selección de libros sobre este tema 


... e algúns dos libros que temos na nosa biblioteca sobre esta temática:











miércoles, 4 de marzo de 2015

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Día Internacional da muller traballadora, tamén chamado Día da muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Este día recórdase un tráxico suceso que pasou nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8 de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nueva York, decidiron parar de traballar como protesta ás suas precarias condicións de traballo. Era a primeira vez que as mulleres se unían para reivindicar melloras laborais: unha redución do horario de traballo diario, que era de 16 horas, á 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas percibían apenas un tercio do soldo que recibían os homes. Pero a rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, queimadas dentro da fábrica.
Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para facer unha homenaxe ás operarias mortas na fábrica téxtil.
E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller Traballadora

Para saber e coñecer máis cousas sobre este día ollade este video:


Unha homenaxe para todas as mulleres galegas:


Recursos para traballar na clase:


Actividades LIM sobre Clara Campoamor:



Clara Campoamor






Traballamos   a Coeducación:





A través dos contos:





Una feliz catastrofe:



Lendo o conto: La Cenicienta que no quería comer perdices
Realizando algunhas das seguintes actividades:


viernes, 20 de febrero de 2015

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Con motivo da celebración do 4º centenario da publicación da segunda parte de "El INGENIOSO CABALLERO DON QUIJOTE DE LA MANCHA" celebramos unha sesión de contacontos e de animación á lectura no colexio. A mesma correu a cargo de Raquel Queizás, actriz e contacontos galega.  A sesión comezou por parte da relatora presentando a un personaxe misterioso que ía aparecer e do  que foi dando pistas para que os nenos/as "entrasen en situación" (falaoulles de cabaleiros andantes, aventuras...) e como o citado personaxe non aparecía pediu axuda a dous nenos os cales acabou caracterizando de Don Quijote e de Sancho Panza...  

A actividade resultou moi amena e participativa, os nenos/as interactuaron coa relatora, trataron de adiviñar personaxes, leron versos de don Quijote, ditos de Sancho Panza...








E como os nosos/as rapaces/zas quedaron tan "enganchados" a Don Quijote e as súas aventuras, acabamos de mercar para a nosa biblioteca dous novos exemplares, neste caso adaptados para nenos/as, das aventuras do cabaleiro da Mancha. ¡Animádevos a lelos! 


Aquí tedes uns enlaces se queredes saber máis cousas sobre esta obra e o seu autor Miguel de Cervantes: 

- Libro interactivo - Biblioteca Nacional de España

- Don Quijote de la Mancha no centro virtual Cervantes 

- Celebración del 4º centenario de la publicación de la segunda parte de Don Quijote 

- Sobre o Quijote no portal de Educación de la Junta de Castilla y León 

- Aproximación didáctica ao Quijote no portal da Junta de Andalucía 


E para aprender un pouco máis e xogar con Don Quijote, picade na seguinte imaxe

jueves, 12 de febrero de 2015

MINILIBRO SOBRE A VIDA DE ROSALÍA

O equipo da biblioteca en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou este minilibro sobre a vida de Rosalía