Os clubs de lectura do cole, “Gusicross” e “O xardín dos
libros” seguiron a súa andadura durante estes meses. Limos “Escarlatina, a
cociñeira defunta” e máis “Charlie e a fábrica de chocolate”.
O certo é que ambas as dúas obras, encantáronos!
Con Charlie
viaxamos a un mundo imaxinario cheo de chocolate e fantasía onde os soños fanse
realidade; e con Escarlatina viaxamos ao inframundo para reflexionar sobre
aquilo que nos rodea e non sempre valoramos como deberíamos.
Libros deliciosos,
entretetidos, aventureiros, misteriosos, que nos fixeron ler con ganas e
disfrutar das súas ilustracións. Gozamos coa súa lectura e da conversa que
despois xurdiu. Acompañados de pastas caseiras e de deliciosos bombóns
intercambiamos diferentes opinións e aprendimos a pensar. Porque os libros
axudánnos sempre a pensar!
No mes de decembro, limos a maiores “Branca de cobre para
Martiño”, pero desta vez tivemos opinións máis encontradas. Debatimos, fixemos
críticas construtivas e aprendimos a argumentar.
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by
Slidely Photo Gallery
Na próxima xuntanza, “O xardín dos libros” falará sobre o
clásico Momo, e os “Gusicross”, intercambiarán opinións sobre diferentes libros
que eles mesmos escolleron.
En nada estamos de volta!