Lectores, xa estamos no mes de febreiro!!! Un mes que dedicamos por completo á escritora galega máis universal: Rosalía de Castro. Unha escritora que foi precursora da poesía española moderna e do existencialismo e unha pioneira do pensamento feminista.
Mito e símbolo de Galicia, autora de obras inmortais como Follas Novas ou En las orillas del Sar, foi unha escritora innovadora e comprometida adiantada no tempo, que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía. Nas súas obras reflicte a situación dunha Galicia maltratada e desangrada pola emigración, denunciou a pobreza dos labregos galegos e a precaria situación laboral de moitos que estaban fóra.
Rosalía de Castro foi unha muller singular cunha excelsa sensibilidade.
O Equipo da Biblioteca ten preparado diferentes actividades que se irán desenvolvendo ao longo de todo o mes.
Empezaremos recordando a súa biografía
Ollando os seguintes vídeos que nos falan da súa vida:
Ollando os seguintes vídeos que nos falan da súa vida:
Participando nas seguintes actividades interactivas:
Desenvolvendo a seguinte unidade didáctica na que coñeceredes moitas cousas da súa vida e da súa obra: