O próximo 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA tamén coñecido como DENIP e que se celebra en España desde o ano 1964. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de GANDHI ( se picades no enlace coñeceredes a súa biografía), tamén lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, á non violencia e á Paz. Neste día os colexios convértense en instrumentos de paz e de entendemento entre persoas de distinta formación. raza. cultura e relixión.
Nos seguintes enlaces atoparedes moitas ideas para comezar a traballar na clase:
Actividades interactivas dia Escolar da Non Violencia
Para celebrar este día o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades;
Para infantil e 1º e 2º de EP a seguinte presentación:
Para os demais cursos de primaria o seguinte traballo de investigación
Coa axuda de todos elaboraremos o noso Abecedario da Paz empregndo as plantillas que elaboramos. cada clase buscará a palabra da Paz relacionada coa letra , decorará a tarxeta, e todos xuntos elaboraremos o noso abecedario
Un conto para traballar a Paz e a Non Violencia
Escoitade estas cancións que nos falan de Paz: