Pilar estivo cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para explicarlles que son as regueifas e tamén para cantalas con eles.
"A regueifa é unha forma de improvisar en verso, unha manifestación poética-musical-universal. É unha forma de comunicación creativa e orixinal propia da tradición galega oral".
Explicoulles que aínda que estivo en decadencia, hoxe existe unha recuperación da regueifa.
Normalmente facíase por parellas, onde un lle contesta ao outro, facendo disputas e desafíos. O tema a tratar podía ser calquera, algo sobre a vida persoal, sobre o público que os escoitaba, sobre algún tema de actualidade... Comezaban saudando ao público para logo pasar ao desafío e atacábanse un ao outro, e canto máis orixinal, rápida e simpática era a resposta, máis divertido era o desafío. Tamén se empregaba o humor e a retranca.
Tamén lles contou que tradicionalmente cantábanse nas vodas, a onde acudían os regueifeiros (sen ser invitados), e batíanse en duelo para decidir quen repartía o regalo, que non era outro que un bolo de pan molete, o cal se chamaba regueifa, de aí vén o nome. Gañaba o que mellor facía o desafío.
E aquí todos, acompañando a Pilar:
Os rapaces e as rapazas de 4º, fixéronlle esta regueifa de despedida:
"Dámosche as grazas por todo,
ti fixéchesnos sorrir
a nós gustáchesnos moito,non queremos verte ir".