O luns 10 de maio os nenos e nenas de 5 anos B contaron
coa visita de Elena Fidalgo Laínez, unha profe que sabe moitas cousas sobre o
Camiño de Santiago. Faloulles dos 3 camiños principais, o Francés, o do Norte e
a Vía da Prata. Sobre un mapa foron pondo
fotos das localidades máis
importantes polas que pasan os distintos camiños. Preparounos varios xogos para
deixar na clase: Tres en raia, De contas polo Camiño, Lince do Camiño, Todo en
orde!, Localizados! e Bingo cruzado do Camiño.
Elena agasallounos
cunhas postais onde aparecen os nen@s de peregrinos nos lugares máis
emblemáticos das diferentes localidades polas que pasan os tres camiños.
A partir de aquí, os pequenos e pequenas de 5 anos, seguiron investigando e realizando actividades arredor do Camiño:
MAPA DAS PRINCIPAIS RUTAS DO CAMIÑO:
ETAPAS DAS DIVERSAS RUTAS:
O LAPBOOK DO CAMIÑO:
![]() |
OS NOSOS MAPAS E A NOSA "COMPOSTELANA":
![]() |
![]() |