O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade, tamén é un día para reflexionar sobre os avances acadados, para pedir cambios e para celebrar a valentía e a determinación de moitas mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades. Se picades no seguinte enlace atoparedes a vida de 100 mulleres que cambiaron o mundo: Historia de 100 mulleres que cambiaron o mundo.
Todos os anos se elixe un tema para celebrar esta día, este ano o tema elixido é: " Son da Xeración Igualdade. Polos dereitos das mulleres", seguindo o paso da campaña da ONU mulleres , co mesmo nome (Xeración Igualdadade) e que conmemora o 25º aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing (1995), a folla de ruta mais progresista para o empoderamento das mulleres e nenas de todo o mundo. Se queredes ler esta declaración picade no seguinte enlace: Declaración 2020 o
Nos seguintes vídeos faise unha breve a historia deste día:
O seguinte video quere lembrar ás mulleres anónimas que non deixaron ningunha pegada nos rexistros oficiais e que sustentaron as súas familias cos materiais que portaban na súa cabeza:Nos seguintes vídeos faise unha breve a historia deste día:
Para traballar a igualdade temos a seguinte unidade didáctica: Non Mais Desigualdade, adaptada ás diferentes idades:
Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para traballar na aula este día:
RECURSOS: 8 DE MARZO
Recursos Día internacional da muller
8 de marzo: Día da muller
O Equipo da Biblioteca fixo unha pequena selección de libros con esta temática e está á disposición de toda a comunidade educativa no corredor da entrada da Biblioteca.
Unha homenaxe ás mulleres que loitaron pola igualdade:
Recursos Día internacional da muller
8 de marzo: Día da muller
O Equipo da Biblioteca fixo unha pequena selección de libros con esta temática e está á disposición de toda a comunidade educativa no corredor da entrada da Biblioteca.
Unha homenaxe ás mulleres que loitaron pola igualdade: