Coma todos os anos o día 23 de abril celebraremos o Día Internacional do Libro e do Dereito do Autor. Unha conmemoración que se celebra en todo o mundo desde os principios do século XX. Se queredes coñecer por que se celebra esta este día picade no seguinte enlace: DÍA DO LIBRO: POR QUE SE CELEBRA O 23 DE ABRIL?
Para celebrar este día desde a Biblioteca temos preparadas moitas e variadas actividades que desenvolveremos ao longo de toda a semana:
-VI Apadriñamento lector
- Relatos de historias contadas polos avós e polos pais e nais dos nosos alumnos
- Elaboraremos a árbore dos libros.
Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para celebrar este día:
Como en anos anteriores a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional editou un díptico para conmemorar este día e para elo acudiu á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro sobre a lectura coma unha viaxe ao fondo das preguntas. Se queredes coñecer o texto picade no seguinte enlace: DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2019
Ollade estes vídeos para o fomento da lectura no Día Internacional do Libro: