domingo, 3 de febrero de 2019

TEATRO E BAILE PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o equipo da Biblioteca, seguindo co  Plan de lectura para este curso: Entre Salgueiros, Bidueiros e Carballos, presentou no salón de actos cos alumnos de 4ª B de Primaria unha pequena obra de teatro titulada O Bosque da Paz, na que ademais de falarnos da importancia dos bosques para a nosa supervivencia e da riqueza que nos proporciona a Natureza, tamén nos mostra estratexias para a resolución de conflitos sen utilizar a violencia. Os rapaces fixeron unha magnífica interpretación.

Noraboa rapaces pola vosa actuación!


Tamén realizamos un acto conxunto (aínda que tivemos que facelo en dous grupos por mor do mal tempo e ter que realizalo dentro do colexio), onde a música e o baile foron os protagonistas. 
Despois da lectura dun pequeno manifesto en favor da PAZ, realizado polos rapaces e rapazas de 6º de primaria, unímonos todos nuns momentos compartidos de ledicia e compañeirismo, para cantar e bailar tres temas que ademais de facer referencia directa á PAZ, como é o tema "PAZ, PAZ" de JUANES, falaban da unión, da solidariedade, de compartir... "BAILEMOS JUNTOS"  e por último, referencia ao coidado da natureza, á reciclaxe... "REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR". 

PAZ 2019 by Slidely Photo Gallery