A Asociación de escritores e escritoras galegos (AELG) propón desde o ano 2010 a Conmemoración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, data que coincide co aniversario do nacemento da autora, e proponlle á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor.
Para a edición 2019 Ana Romaní (se picades no seu nome coñeceredes a súa biografía) foi a persoa elexida para elaborar a redacción do Manifesto da AELG, que se lerá en Santiago , no Panteón Galegos Ilustres o día 24 de febreiro; este manifesto tamén se lerá en todos os actos que programe a AELG e en todos os organizados por outras entidades que se sumen ás propostas xa sexa nos concellos ou nos centros de ensino.
O Equipo da Biblioteca sacou dos andeis os libros de Rosalía para facer unha exposición no corredor da entrada para que vós poidades disfrutar coa lectura da súa poesía.
Se queredes coñecer a súa vida ollade o seguinte video:
E se queredes adentrarvos na súa vida e nas súas obras eiquí tendes estas actividades interactivas:
Cancións sobre as súas poesías e sobre a súa vida;: