Aquí andamos de volta! Desta vez descubrimos a un autor e
ilustrador chino, Jimmy Liao, creador duns álbumes ilustrados preciosos.
Cada
un leu un diferente, o que nos permitiu coñecer gran parte da súa obra,
comparar as ilustracións, os temas que trata, o xeito de narrar, etc.
Foi un éxito rotundo e quedamos con gañas de ler aínda máis
títulos.
Os mellor valorados foron “La noche estrellada” e “La piedra azul”,
tanto pola historia (triste e emocionante) como polas súas ilustracións cheas
de color e de trazos moi peculiares. Gustounos moito tamén o de “Abrazos” e “El
pez que sonreía”.
Intercambiámonos os libros entre nós e descubrimos que tiñan
aspectos en común: historias con finais abertos (e ás veces difíciles de
comprender) e personaxes que aparecen de esguello en varios títulos.
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
Continuaremos lendo e compartindo!