Esta semana, desde o luns ata o xoves NA HORA DE LER, na biblioteca as nenas de 5º de Primaria: Isamar, Ariadne, Rosana, Naiara e Lola léronlle aos alumnos de 1º de Primaria e aos de Educación Infantil dous libros moi interesantes;
Isamar e Ariadne contáronlles aos alumnos de 1º de EP unha fermosa lenda dunha tribu de Africa na que as mulleres, desde que saben que vai nacer un neno, intérnase na selva para buscarlle a súa canción; para eles unha persoa desde que nace ten unha canción; A Canción da Vida. Unha historia que nos recorda que cada un de nós temos unha canción, un nome, unha vibración especial que nos fai únicos.
Naiara, Lola e Rosana léronlle aos nenos de infantil un libro precioso: El AMIGO PERFECTO
Un libro no que se fala da amizade QUEN TEN UN AMIGO TEN UN TESOURO e que nos ensina a valorar as persoas tal e como son, con todas as súas calidades tanto as boas ecomo as malas.
Foi unha actividade moi interesante!