Nesta noite as ánimas dos finados voltan
visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do
lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
O cristianismo, adoptando o ano novo dos
celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como
día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.
A LENDA DA CABAZA.
Chega o outono. Tempo de castañas,
noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as
cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das
cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.
Os celtas foron uns antigos habitantes
de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras
dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe
en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e
poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Os celtas, antigos habitantes de terras
galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha
candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
Tal cousa facíana ao chegar os tempos
escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos
defuntos
Hoxe en día xa non se practican tales
crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar
caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.
Escoitade a historia do SAMAIN
RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS
Pica nos seguintes enlaces e atoparás moitas actividades interactivas
No seguinte enlace atoparedes materiais elaborados pola CGENDL con actividades actividades de comprensión lectora e plástica
Se picades no seguinte enlace atoparedes recursos para traballar nas aulas