miércoles, 14 de octubre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


O día 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas. 
No noso país está dedicado especialmente ao público infantil e xuvenil.
Desde o ano 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove esta celebración en recordo dun triste suceso: a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos balcáns.
Esta iniciativa xurdiu  para trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como un lugar de econtro dos lectores de todas as idades coa cultura e, como un instrumento de mellora da formación e da  convivencia humana.
Despois do brutal ataque á biblioteca de Sarajevo o médico e historiador croata  Mirko D. Grmek acuñou o termo  memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do adversario : "Bibliotecas públicas, privadas,  escolares, universitarias, nacionais... Todas elas acollen grandes tesouros e, destruílas ou non protexelas, que ven a ser o mesmo é un memoricidio en pequena escala"
 Unha das mellores maneiras de protexelas é dándoas a coñecer, mostrar todos os seus recunchos, sacar os documentos dos fríos estantes e colocalos nas mans dos lectores, e, sobre todo, falar e facer que se fale delas.
A nosa biblioteca tamén quere participar nesta celebración.
Empezaremos ollando o vídeo que fai un percorrido das  quince bibliotecas máis fermosas do mundo:


E o video de Caillou visitando unha biblioteca: