miércoles, 20 de diciembre de 2017

CARTAS AO APALPADOR

O Equipo de Dinamización da BIBLIOTECA en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega participa cunhas cartas moi emotivas , escritas polos nenos do cole,  no CONCURSO CARTAS AO APALPADOR  que se celebrará na Coruña o 31 de decembro.  Estade atentos para saber o resultado. 
MOITA SORTE A TODOS!!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS LIBROS

Chega o Nadal...! Tempo de agasallos, de emocións e de moitas lecturas en familia.
 Se aínda non tedes decidido  que libro mercar botádelle unha ollada  a selección que fixo O Equipo da Biblioteca.
 Esperamos que sexa do voso agrado!!!

O APALPADOR: UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

O Apalpador, tamén coñecido como o Pandigueiro na comarca de Trives, é a figura mítica orixinario das montañas do Caurel, propio do Nadal Galego.
Un ser fantástico, un xigante, de profesión carboeiro. que polas festas do Nadal, concretamente o 31 de decembro,  baixa das montañas para visitar aos máis cativos e comprobar se están ben mantidos. Pálpalles a barriga ( de aí o seu nome) para saber se comeron ben ese ano e, o día de Ano Vello, mentres eles están a durmir, déixalles de  agasallo castañas e algunha que outra sorpresa. Para coñecer a súa historia ollade estes videos:







Se picades nos seguintes enlaces atoparedes moitos recursos para coñecer moitas cousas sobre este mítico personaxe
ACTIVIDADES LIM
CANTIGAS DO APALPADOR





sábado, 16 de diciembre de 2017

NADAL NA BIBLIOTECA

Xa estamos ás portas do Nadal !!!  Unha festa repleta  de Ilusións, de Tradicións, de Emocións...  Un tempo reservado para o reencontro familiar,  para vivir con intensidade as noites máis longas do ano  e iluminar coas luces, coas fitas de prata e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Son estas unhas festas cheas de maxia, nas que conviven amigablemente as  tradicións cistiáns coas lendas e ritos de orixe pagano.
Dentro do marco do noso proxecto: "Auga, Pedra, Sabedoría e Terra" propoñemos fondar  nas tradicións,  nas lendas e nos costumes que forman prte do noso Patrimonio Cultural.. 
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes lendas,  coñeceredes as tradicións e os seus rituais 
CÓNTAME COMO É O NADAL (Unidade didáctica)
Na BIBLIOTECA  esta semana estivemos moi afaenados  cos obradoiros, sacando os libros dos andeis, preparndo os adornos... 

Nos recreos desenvolvemos o II TALLER DE MANUALIDADES DO NADAL, un taller no que participaron moitos nenos e nenas de todas as clases, reciclando botes de vidro para convertilos en orixinais candeeiros  coa forma de Papá Noel, decorados con  estrelas de cores, con purpurina...para lucilos nas súas casas durante todas as festas.

Os adornos de Nadal xa colgan do teito, nos vidros e as paredes da entrada da  Biblioteca  están decoradas para ocasión invitándonos a todos a entrar e a impregnarse da maxia do Nadal.
Así de fermosa está nestas festas:


nadal biblioteca
Esta é unha pequena mostra dos libros seleccionados, esperamos que vós gusten


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

 Panxoliñas que forman parte do noso patrimonio:

Cantigas Tradicionais  do Nadal


Rapaciño


Pola Media Noite



martes, 12 de diciembre de 2017

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe na Biblioteca todos os nenos que participaron no Concurso de Contos de Medo recibiron un agasallo.

Un diploma e un agasallo para Antía de 1º EP,  Sheila e Clara de 4ºEP,  Antía  e Lola de 6º EP pola súa participción


Os alumnos  de 3ºA e os de 4ºB recibiron un premio colectivo pola súa gran participación 

Un agasallo moi special para  a semifinalista, Aixa Xusto de 4º B,  pola súa terrorífica historia titulada "O Rei dos Morcegos· 

Diploma e agasallo para a campiona, Rosana Fernández de 6ºA, pola súa historia titulada " A Bruxa e o tren"

Parabéns a todos eles e esperamos que sigades participando.

lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA DE CONMEMORACIÓNS


Hoxe, despois da hora de ler, os nenos e os mestres do cole saímos ao patio para conmemorar nun único acto tres datas moi entrañables para todos nós e que están moi próximas no calendario: celebramos o Día dos Dereitos do Neno, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Iniciaron este acto tres alumnos de 6º de Primaria lendo o seguinte  manifesto no que nos pediron a toda a Comunidade educativa  os seguintes compromisos:












Rematamos este sinxelo acto cantando mediante a  linguaxe de signos a canción de Guadi Galego Chea de Vida. Unha canción na que as emocións e os sentimentos convértense en abanderados, así o define a propia autora, nun canto de amor á muller e á liberdade.
Queremos agradecerlle a Patricia, nai de Julia, alumna de 5º de Educación Infantil, por ensinarnos a todos nós a expresarnos coa linguaxe de signos, sen a súa axuda e o seu tesón non seríamos capaces de conseguilo.
Moitas grazas pola túa axuda e esperamos seguir aprendendo contigo.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery



jueves, 23 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO


O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero , un día de reflexión e  para  reclamar  a atención á sociedade sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e ás nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.
Se queres saber por que se celebra este día  pica no seguinte enlace:   25 de novembro.
A escola debe contribuír a erradicar esta violencia educando na igualdade, opoñéndose a todo tipo de violencia tanto física como verbal, facendo respectar os dereitos das mulleres e das nenas, fomentando unha relación afectuosa e solidaria entre os seus membros e empregando modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes actividades e recursos  para profundizar, reflexionar  e traballar a violencia contra as mulleres:





martes, 21 de noviembre de 2017

ENCONTRO COS AVÓS

Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial!!  Co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno achegáronse ata o noso centro cinco avós e avoas da Residencia Fogar San Amaro e outros avós e avoas de nenos do cole para compartir con nós uns momentos entrañables, cheos de nostalxia, nos que os avós foron desgranando ás súas vivenzas na escola da súa infancia, explicáronnos como pasaban os días, os traballos que facían, como eran as clases, a que xogaban, cales eran os seus xoguetes... Os alumnos das diferentes clases escoitaron as súas historias con moita atención e interese, fixéronlles moitas preguntas e déronse conta das notables diferenzas entre a súa infancia e como foi a dos avós, e como foi evolucionando a vida e os dereitos dos nenos ao longo do tempo. 
Este encontro interxeracional foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os nenos coma para os nosos maiores que se sentiron protagonistas e foron arroupados polo cariño e admiración dos pequenos. 
Como se reflicte nas biografías que nos aportaron algúns deles tiveron unhas vidas extraordinarias. 


Moitas grazas a Marina e Antonio, avós de Iria, a Miguel,  a Manola, a Alfonso, a Xosé, a Moncho, a Mabel, avoa de Isamar e Candela, a Gloria, nai de Aissatou,  e a Marisa, avoa de Mario San Juan,  por compartir con todos nós eses recordos tan entrañables.



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Photo Gallery


Esperamos ao longo do curso e enmarcado dentro do noso Proxecto Documental Integrado "Auga, pedra, sabedoría e terra", realizar máis encontros interxeracionais que nos permitan coñecer historias, cantigas, refráns, oficios... que conforman o patrimonio inmaterial da nosa contorna. 

lunes, 20 de noviembre de 2017

CONTOS DE MEDO

Xa están expostos os contos que se presentaron ao V concurso de contos de medo e que se axustan ás bases establecidas.
Hai historias moi interesantes, buscade un tempo para lelos con calma.


Temos que destacar a gran participación os alumnos de 3º A , presentaron as súas historias nun cadaleito cheo de epitafios:


Os alumnos de 4ºB  tamén participaron elaborando un libro con todas as historias que  escribiron individualmente:


Esperamos que con  todas  estas historias vivades momentos de moito, moito medo!!!