As Consellerías de Cultura e Educación convídannos á celebración do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO DAS BIBLIOTECAS. Se picades no seguinte ENLACE atoparedes toda a información.
Ao longo deste mes todos imos ser científicos e desenvolveremos experimentos moi divertidos.
Estes son algúns dos que vós temos preparados:
Esperamos que vós gusten e, se queredes ir ensaiando ollade estes videos nos que nos explican algúns dos experimentos:
Lectores, as mochilas viaxeiras comezaron, outro ano mais, a súa andaina da escola á casa e da casa á escola... levando libros, contos, guías ou revistas para disfrute da familia, co fin de propiciar momentos de lectura compartida.
Como nos anos anteriores os nenos e nenas levarán durante unha semana esta mochila para a súa casa para compartir cos seus, grandes e pequenos, todo o material co que vai cargada.
Desexamos que a casa de cada neno/nena se encha de historias, de viaxes imaxinarios...para que coa axuda de todos se adquira un hábito lector que ten unha gran importancia na súa formación.
O Equipo da Biblioteca deséxavos unha feliz lectura en familia!!
Ola Lectores!! Pasiño a pasiño... xa estamos no Samaín !! O Samaín é unha festa de orixe celta que significa o fin do verán e o comezo do inverno; era unha das datas mais importantes do calendario celta que celebraban na noite do 31 de outubro porque eles consideraban que era unha noite moi perigosa porque as ánimas do máis alá podían vir para saldar as contas pendentes. Para escorrentar a estas ánimas eles colgaban, nas portas das súas casas, as caveiras dos inimigos con candeas acesas no seu interior.
Esta festa foise extendendo por toda a xeografía céltica europea, e no caso de España polas Comunidades de Galicia e Asturias.
A tradición das caveiras foi substituída polas cabazas con candeas acesas.e transformouse nunha festa que lle poderiamos chamar "un entroido do medo".
Ao longo de toda a semana na biblioteca celebramos diferentes actividades co gallo do Samaín:
Decoramos a Biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos, arañas...para convertila nun recuncho de moito, moito...medo!!
Convocamos en colaboración cos equipos de Voz Naura, TIC e Dinamización da Lingua Galega o VI Concurso de Contos de Medo, este ano seguindo o Plan Lector e aproveitando a excursión que realizamos, na nosa contorna, ao Bosque do Falán, a historia debe estar ambientada no bosque do Falán ou nun bosque de carballos, castiñeiros ou bidueiros Se picades no seguinte enlace atoparedes o cartel:
Os nenos e nenas de 4Aº de Infantil visitaron por primeira vez a nosa biblioteca. Deulles a benvida Conchi quen lle ensinou as súas seccións, faloulle das normas establecidas e preparoulles as súas mochilas para levar para a casa.
Remataron a súa 1º estancia coa lectura dun libro:
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow Benvidos rapaces!!!! Esperamos que sexades grandes usuarios da Biblioteca
Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares desde a Biblioteca desenvolvéronse diferentes actividades : Todo o alumnado de Infantil disfrutou coa representación realizada polos alumnos de 4º B, con monicreques no teatriño, do libro O Mago e a Folla:
Os alumnos de 6º realizaron unha sesión de formación coa encargada da biblioteca. Realizaron un percorrido polas diferentes seccións, fixeron un repaso dos tejuelos e das etiquetas que levan os libros e, por último, fixeron unha series de prácticas colocando diferentes libros no seu andel correspondente.
Inauguramos a exposición dos "nosos recunchos preferidos da biblioteca" na que todos os nenos do cole fixeron a súa aportación debuxando o seu lugar preferido. fixeron debuxos moi interesantes, esta é unha pequena mostra:
Un ano mais o día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que se celebra desde o ano 1997 pola iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil para lembrar oIncendio da Biblioteca de Saraxevono ano 1992 durante o conflito dos Blacáns ( Se picades no anterior enlace atoparedes unha ampla información sobre este suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da Biblioteca como un lugar de encontro de lectores, para concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.
Na Biblioteca celebraremos este día coas seguintes actividades:
- Representación con monicreques a cargo dos nenos e nenas de 4º B para o alumnado de Educación Infantil do conto O Señor Mago e a Folla.
- Sesións de formación na Biblioteca para o alumnado de Primaria.
- Inauguración da exposición: Cal é a sección da Biblioteca que máis che gusta? na que colabora todo o alumnado do centro.
No mes de outubro a Biblioteca Escolarabre as súas portas e pasiño a pasiño comezaremos a desenvolver todas as actividades que vós temos programadas: club de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, contacontos, bibliopatio, traballos de investigación e múltiples actividades de fomento da lectura e de formación para todos os usuarios. Desde a biblioteca seguiremos traballando para que siga sendo un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade educativa.
O equipo da biblioteca aposta por desenvolver desde a biblioteca todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos. Para comezar ollade estes videos sobre a importancia das bibliotecas:
Ola lectores!! O equipo da biblioteca , en colaboración cos de Voz Natura, Dinamización da Lingua Galega e o das TIC elaboraron o novo Plan de lectura para este curso. Este ano leva o nome entre salgueiros, bidueiros e carballos. Con este plan desubriremos a importancia das nosas árbore curso vertebraranse en torno a este tema.
s autóctonas e coñeceremos marabillosos paraxes naturais da nosa contorna. Todas as actividades que se programen ao longo do
Desexamos que sexa do voso agrado e que colaboredes e disfrutedes en todas as actividades
Para apoiar o labor de Dinamización das Bibliotecas escolares a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica unha versión ILUSTRADA, elaborada polo debuxante Óscar Villán, da adaptación da Clasificación Decimal Universal para Bibliotecas Escolares.
Se queredes ampliar esta información picade no seguinte enlace:CDU ILUSTRADA