miércoles, 14 de diciembre de 2016

CHEGA O NADAL

Xa chega  o NADAL e con el o tempo de lecer, de ledicia,  de regalos, de xuntanzas,  de  adornar as  casas, as rúas , o colexio .... As campás, os anxos, as estrelas, as luces de cores son algúns dos adornos que , nestas datas nos envolven nun clima cálido, familiar e festivo.
Pero, que significado teñen todos estes adornos que con tanta ilusión colocamos nas paredes,  portas e fiestras? Se picades no seguinte enlace saberedes cal é o significado dos diferentes adornos do Nadal. 
SIGNIFICADO ADORNOS

Ou vendo este video  que fala do seu significado :



Tamén é tempo de sentarse a unha mesa para saborear comidas típicas do Nadal. O seguinte enlace convídanos a darlle unha volt ao mundo, pero ao redor dunha mesa, para así coñecer os pratos de Nadal mais tradicionais: 
Se queredes coñecer receitas típicas e de  sobremesa do Nadal españolas, tal e como se propón no  PLAN ANUAL DE LECTURA,  picade nos seguintes enlces: 
SOBREMESAS

Neste libro aparecen receitas  típicas do Nadal, moi sinxelas, para que practiquedes nestas festas:


BIBLIOTECA xa está preparada para celebrar estas festas do NADAL:  a porta, decorada para a ocasión, convídanos a entrar,  recrear a vista cos adornos colgados no teito e nas paredes e disfrutar da maxia da lectura de todos os libros seleccionados para a ocasión.



biblioteca nadal - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Estes son os libros seleccionados  para que disfrutedes coa MAXIA DO NADAL



viernes, 9 de diciembre de 2016

ESTE NADAL: A RECICLAR!

Dende a biblioteca tamén queremos animarvos a que vos unades á  campaña "ESTE NADAL APÚNTATE Á MOVIDA RECICLA!!". Librín e as eco-mascotas, Mundoman e Belli, queren seguir fomentando entre todos nos a necesidade de reciclar para reducir e contribuír a un mundo máis sostible. Pensan que nestas datas nas que se "dispara" o consumo, debemos contribuír á difusión de prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente. 

Recordamos as  DEZ RAZÓNS PARA RECICLAR  que foron expostas pola OFICINA DE SOSTENIBILIDADE da UNIVERSIDADE de LAS PALMAS de GRAN CANARIA, ou máis brevemente, resumidas en CINCO RAZÓNS  pola ORGANIZACIÓN OXFAM INTERMON. 

Todos sabemos que nestas datas non faltan as árbores de nadal por toda a cidade engalanadas con todo tipo de adornos, igual pasa coas nosas casas, co colexio...  e por que non reutilizamos materiais de refugallo que case todos temos a man: envases de plástico, de cartón, cortiza, papel, envoltorios de cores lisos e estampados, lazos que gardamos de agasallos doutros anos, bólas de plástico, pinzas, piñas que podemos recoller no monte.. ..? Con todo isto podemos facer uns estupendos adornos para a nosa árbore e/ou para calquera rincón da nosa casa e do cole, e tamén para facer agasallos a nosa familia e amigos.

Pois mans á obra, Librín, Mundoman e Belli puxeron en marcha varios talleres de reciclado no noso centro, e claro, non podía faltar un na bibioteca. Durante os recreos do mes de decembro, acoden os nenos e nenas voluntarios que queren unirse á movida recicla e están preparando un montón de adornos. Deixamósvos nas seguintes imaxes un adianto do que están facendo:












E para darvos máis ideas, deixámosvos uns cantos enlaces onde podedes visualizar un montón de manualidades coas que celebrar un NADAL un pouco máis RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE.











































viernes, 2 de diciembre de 2016

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe na BIBLIOTECA todos os nenos que participaron no Concurso de Contos de Medo recibiron un diploma e un agasallo : 



premios contos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A alumna de 6º curso Africa Montero recibiu un agasallo especial polo seu magnífico conto: "Mundomán rescata a Librín!




jueves, 1 de diciembre de 2016

CONTOS DE MEDO

O Equipo da Biblioteca está moi contento coa vosa resposta ao concurso de Contos de Medo. Recibimos moitos e excelentes traballos. A continuación presentamos unha representación dos contos aportados polos diferentes cursos. Reservade un anaquiño de tempo para lelos todos, seguro que o pasaredes de medo!!!!

jueves, 24 de noviembre de 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25  de novembro celebramos O Día Inernacional contra a Violencia de Xénero, un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que padecen as mulleres.
Se queredes coñecer cal  é a orixe desta celebración picade neste enlace VIOLENCIA CERO.
A violencia de xénero é un mal co que  desgraciadamente convivimos na sociedade;  pero este mal pódese erradicar se todos colaboramos.
Na escola pdebemos educar na igualdade e na non violencia facendo que valores como a tolerancia e o respecto sexan parte da identidade do noso alumnado.
Nos seguintes enlaces atoparedes gran cantidade de recursos para traballar neste día













lunes, 21 de noviembre de 2016

ELABORANDO RECEITAS

O Equipo da BIBLIOTECA,  en colaboracón co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e seguindo os consellos do noso comedor 6S,  pide a colaboración de todos os nenos nenas para desenvolver, ao longo de todo o curso, o noso PLAN ANUAL DE LECTURA.

PLAN ANUAL DE LECTURA

viernes, 18 de noviembre de 2016

DEREITOS DA INFANCIA

O Día Internacional dos Dereitos do Neno celébrase o 20 de novembro , é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
Sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos mais desfavorecidos, coñecer os dereitos da infancia e concienciar ao mundo da importancia de traballar polo seu benestar e desenvolvemento.
Se queredes coñecer a historia sobre este día picade nos seguintes enlaces:
dereitos infancia
dereitos e deberes
Ou ollade este video


caderno dos teus dereitos


 Picando nos seguintes enlaces atoparedes moitas e variadas actividades para traballar neste día:
RECURSOS
BANCO RECURSOS
UNIDADE DIDÁCTICA
Caderno de traballo
ACTIVIDADES
Nos seguintes videos fálannos dos dereitos do neno






Esta é unha pequena selección de libros interesantes:



Insertar en Blog - collage />

domingo, 13 de noviembre de 2016

MERGULLÁMONOS NO MUNDO DA ARTE

Para colaborar coa actividade A ARTE NO OUTONO proposta pola EDLG do centro, o equipo da biblioteca fixo unha pequena selección de libros que acercan a arte ao mundo dos nenos dunha maneira intelixente, atractiva e divertida. Libros que ensinan a mirar,  a pensar e a fixar a atención, libros que espertan os sentidos e nos converten en espectadores activos e en ávidos lectores de historias...