Para colaborar coa actividade A ARTE NO OUTONO proposta pola EDLG do centro, o equipo da biblioteca fixo unha pequena selección de libros que acercan a arte ao mundo dos nenos dunha maneira intelixente, atractiva e divertida. Libros que ensinan a mirar, a pensar e a fixar a atención, libros que espertan os sentidos e nos converten en espectadores activos e en ávidos lectores de historias...