jueves, 15 de octubre de 2015

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DIA DAS BIBLIOTECAS

Ola lectores:
O equipo da biblioteca proponvos as seguintes actividades para celebrar o Día das Bibliotecas:

Sesión de contacontos coa técnica do Kamishibai para os alumnos máis pequenos do centro.

Os lectores de educación infantil, primeiro e segundo  de primaria deben coller un conto tradicional, buscar o personaxe máis malo e debuxalo no espazo en branco do cartel elaborado para a ocasión.




Os lectores de 3º,4º,5º e 6º de primaria buscarán e elaborarán un cartel cos personaxes máis perversos dos nosos libros enumerando as súas falcatruadas.
Todos os carteis estarán expostos na entrada da bibloteca.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CON ESTAS ACTIVIDADES!!!!!

miércoles, 14 de octubre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


O día 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas. 
No noso país está dedicado especialmente ao público infantil e xuvenil.
Desde o ano 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove esta celebración en recordo dun triste suceso: a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos balcáns.
Esta iniciativa xurdiu  para trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como un lugar de econtro dos lectores de todas as idades coa cultura e, como un instrumento de mellora da formación e da  convivencia humana.
Despois do brutal ataque á biblioteca de Sarajevo o médico e historiador croata  Mirko D. Grmek acuñou o termo  memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do adversario : "Bibliotecas públicas, privadas,  escolares, universitarias, nacionais... Todas elas acollen grandes tesouros e, destruílas ou non protexelas, que ven a ser o mesmo é un memoricidio en pequena escala"
 Unha das mellores maneiras de protexelas é dándoas a coñecer, mostrar todos os seus recunchos, sacar os documentos dos fríos estantes e colocalos nas mans dos lectores, e, sobre todo, falar e facer que se fale delas.
A nosa biblioteca tamén quere participar nesta celebración.
Empezaremos ollando o vídeo que fai un percorrido das  quince bibliotecas máis fermosas do mundo:


E o video de Caillou visitando unha biblioteca:





domingo, 11 de octubre de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

Biblioteca escolar, base de exploraciónsé o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.
Este lema chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  (Recollido da páxina de  Bibliotecas Escolares)

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están en marcha as mochilas viaxeiras cargadas de libros e revistas que, ata xuño,  irán rotando de casa en casa en todos os cursos do cole. Esperamos que disfrutedes da súa estancia entre vós.
As mochilas xorden coa idea de fomentar o hábito de ler en todos os membros da familia, por iso dentro de cada unha atoparedes diferentes materiais tanto para os nenos como para os adultos.
Recordade que dentro de cada unha hai pequenos tesouros que debedes coidar para que todos os poidan gozar nas mellores condicións.
AGARDAMOS QUE GOCEDES CON ESTA ACTIVIDADE


miércoles, 7 de octubre de 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

"Venres nas librarías" é unha campañade dinamización do libro galego que puxeron en marcha as Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a  de Economía e Industria da Xunta de Galicia xunto coa  federación das Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores.
O principal obxectivo desta campaña é o de promocionar a lectura e a venda de libros galegos. 
Desenvolverase esta actividade nas librarías interesadas e asociadas á Federación de Librarías de Galicia e terá lugar  os venres e sábados  dos mese de outubro e novembro de 2015 e os meses de febreiro e marzo de 2016.
A presidenta da Federación informou das actividades programadas nas diferentes librarías de Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Vigo.
Hai moitas e variadas actividades, Consultade o programa por se vos interesa algunha

LEDICIA COSTAS, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL


A escritora viguesa Ledicia Costas foi a gañadora do premio Nacional de Literatura Infantil pola súa obra" Escarlatina, a cociñeira defunta"
Este é un galardón que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra dalgún autor español, escrita en calquera das linguas oficiais  e editada en España no ano 2014.
O xurado definiu este libro coma " unha obra extraordinaria, humorística e rompedora que destaca pola súa fácil lectura, polo seu humor arrepiante e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte"
Esta obra  que, tamén recibiu o Premio Merlín da Literatura Infantl 2014, gustoulle moito aos alumnos de 6º de Educación Primaria do ano pasado.  Participaron na actividade " Encontros coa autora" na que, despois de traballar con este libro na aula, reuníronse coa autora na Escola Municipal  de Artes Escénicas de Ourense o 30 de xaneiro.  Para recordar esta actividade  picade na palabra encontro


Se queredes coñecer máis cousas desta autora que tan nos gusta picade no seu nome

martes, 8 de septiembre de 2015

VOLTA AO COLE



O equipo de Dinamización da biblioteca davos a benvida a este novo curso escolar.
Despois do descanso do verán comezamos un novo curso con moita ilusión e grandes expectativas, xa que nos esperan... MOITAS E ...APAISOANTES AVENTURAS.!!!! 
Esperamos seguir contando coa colaboración de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA

sábado, 20 de junio de 2015

FELICES VACACIÓNS


O equipo da biblioteca deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas felices vacacións.
Esperamos que descansedes e que á volta veñades todos coas pilas ben cargadas xa que nos esperan moitas aventuras!!!


FELICES VACACIÓNS!!!

viernes, 19 de junio de 2015

TAMÉN LEMOS NO VERÁN

Xa chegou o verán!!! Tanto se vades á praia como á montaña un libro será unha boa compaña. O equipo da biblioteca fixo esta selección para que toda a familia disfrute dunha boa lectura,
Desexamos que vos guste!!!