lunes, 20 de octubre de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR o mestre Xosé Carlos Caramés desenvolverá co alumnado de infantil,  1º e 2º de primaria, unha sesión de contacontos con dous contos:

O GATO SOL, conto tradicional vietnamita contado con Kamishibai




POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS? Conto africano con Kamishibai

lunes, 6 de octubre de 2014

ACTIVIDADE: EU RECOMENDO

O día 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR para homenaxear o labor que desenvolven os bibliotecarios e bibliotecarias no fomento da lectura.
Para celebrar este día invitámosvos a participar na actividade “ EU RECOMENDO” na que cada un de vós lle recomendades aos demais compañeiros o libro da biblioteca que máis vos gusta.
Debedes debuxar na plantilla que vos proporcionamos a portada do libro, escribindo o título, o autor/ autora e a editorial.
Todas as aportacións serán colocadas na exposició que faremos para conmemorar esta data.

Esperamos a vosa colaboración .

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa preparamos as mochilas viaxeiras e, este venres,  saíron do cole para entrar nas vosas casas! Marchou unha de cada clase, desde 4º de infantil ata 6º de primaria; o contido de cada unha delas é diferente, intentamos adaptarnos ao gusto e á idade de cada neno/nena.
O obxectivo desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfrutedes todos xuntos da lectura. A mochila estará con cada familia unha semana, durante ese tempo procurade ler os libros e as revistas que hai dentro.  O venres, na hora de ler, o portador da mochila terá tempo para contarlle aos demais  compañeiros  a súa experiencia coa familia, que libros lle gustaron e que lecturas realizaron.
Debedes coidalas moi ben para que, en perfecto estado, entren na casa de todos os compañeiros.
 Desexamos que todos disfrutedes desta actividade.

viernes, 5 de septiembre de 2014

BENVIDOS



O Equipo da Biblioteca dalle a benvida a toda a Comunidade Educativa.
Despois das vacacións nas que seguramente vos dedicástedes a descansar e a disfrutar, abrimos un novo periodo onde a aprendizaxe e o coñecemento será o labor que nos implique no noso traballo diario. Preparamos un programa cheo de propostas e actividades que iremos desenvolvendo ao longo de todo o curso.
Animámosvos a que visitedes, de vez en cando, este blog. Irase actualizando segundo se vaian desenvolvendo as diferentes actividades.
Moitas grazas e benvidos.

viernes, 20 de junio de 2014

ATA SETEMBRO

O equipo da biblioteca deséxalle á toda a Comunidade Educativa que pase un feliz verán. Coñecede novas cousas e traede moitos recordos na vosa memoria para contárnolos á volta.

Vémonos en setembro!!!

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Hoxe, na hora do recreo, os axudantes da biblioteca recibiron un diploma polo bo traballo desenvolvido. Moitas grazas polo voso labor desinteresado. Esperamos contar coa vosa axuda no vindeiro curso.

OS NOSOS GRANDES LECTORES

Os mellores lectores do colexio  recibiron un agasallo. Parabéns a todos.

jueves, 19 de junio de 2014

GUÍA LECTURAS VERÁN 2014

Unha boa idea para este verán: Reservade todos os días un tempo para a lectura.



miércoles, 4 de junio de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


O día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola ONU o 15 de decembro de 1972 e, desde ese día celébrase todos os anos, de maneira oficial  cada 5 de xuño, coa finalidade de concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo  un desenvolvemento sostible para preservar o medio ambiente. É moi necesario que todos participemos poñendo o noso granciño de area para conseguir manter o Planeta nas mellores condicións posibles.
Para saber que cousas debemos facer para mellorar o medio ambiente e para reflexionar sobre este tema picade no seguinte enlace:

      Recursos medio ambiente

Neste vídeo explícannos como podemos contribuír a coidar o medio ambiente :




Ollade o seguinte video onde nos falan dos problemas causados polo home, para tomar conciencia na vida cotiá:





Picade no seguinte enlace onde atoparedes diferentes xogos interactivos sobre temas relacionados co coidado do medio ambiente:

xogos interactivos