Xa preparamos as mochilas viaxeiras e, este venres, saíron do cole para entrar nas vosas casas! Marchou unha de cada clase, desde 4º de infantil ata 6º de primaria; o contido de cada unha delas é diferente, intentamos adaptarnos ao gusto e á idade de cada neno/nena.
O obxectivo desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfrutedes todos xuntos da lectura. A mochila estará con cada familia unha semana, durante ese tempo procurade ler os libros e as revistas que hai dentro. O venres, na hora de ler, o portador da mochila terá tempo para contarlle aos demais compañeiros a súa experiencia coa familia, que libros lle gustaron e que lecturas realizaron.
Debedes coidalas moi ben para que, en perfecto estado, entren na casa de todos os compañeiros.
Desexamos que todos disfrutedes desta actividade.