lunes, 6 de octubre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa preparamos as mochilas viaxeiras e, este venres,  saíron do cole para entrar nas vosas casas! Marchou unha de cada clase, desde 4º de infantil ata 6º de primaria; o contido de cada unha delas é diferente, intentamos adaptarnos ao gusto e á idade de cada neno/nena.
O obxectivo desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfrutedes todos xuntos da lectura. A mochila estará con cada familia unha semana, durante ese tempo procurade ler os libros e as revistas que hai dentro.  O venres, na hora de ler, o portador da mochila terá tempo para contarlle aos demais  compañeiros  a súa experiencia coa familia, que libros lle gustaron e que lecturas realizaron.
Debedes coidalas moi ben para que, en perfecto estado, entren na casa de todos os compañeiros.
 Desexamos que todos disfrutedes desta actividade.

viernes, 5 de septiembre de 2014

BENVIDOS



O Equipo da Biblioteca dalle a benvida a toda a Comunidade Educativa.
Despois das vacacións nas que seguramente vos dedicástedes a descansar e a disfrutar, abrimos un novo periodo onde a aprendizaxe e o coñecemento será o labor que nos implique no noso traballo diario. Preparamos un programa cheo de propostas e actividades que iremos desenvolvendo ao longo de todo o curso.
Animámosvos a que visitedes, de vez en cando, este blog. Irase actualizando segundo se vaian desenvolvendo as diferentes actividades.
Moitas grazas e benvidos.

viernes, 20 de junio de 2014

ATA SETEMBRO

O equipo da biblioteca deséxalle á toda a Comunidade Educativa que pase un feliz verán. Coñecede novas cousas e traede moitos recordos na vosa memoria para contárnolos á volta.

Vémonos en setembro!!!

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Hoxe, na hora do recreo, os axudantes da biblioteca recibiron un diploma polo bo traballo desenvolvido. Moitas grazas polo voso labor desinteresado. Esperamos contar coa vosa axuda no vindeiro curso.

OS NOSOS GRANDES LECTORES

Os mellores lectores do colexio  recibiron un agasallo. Parabéns a todos.

jueves, 19 de junio de 2014

GUÍA LECTURAS VERÁN 2014

Unha boa idea para este verán: Reservade todos os días un tempo para a lectura.



miércoles, 4 de junio de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


O día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola ONU o 15 de decembro de 1972 e, desde ese día celébrase todos os anos, de maneira oficial  cada 5 de xuño, coa finalidade de concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo  un desenvolvemento sostible para preservar o medio ambiente. É moi necesario que todos participemos poñendo o noso granciño de area para conseguir manter o Planeta nas mellores condicións posibles.
Para saber que cousas debemos facer para mellorar o medio ambiente e para reflexionar sobre este tema picade no seguinte enlace:

      Recursos medio ambiente

Neste vídeo explícannos como podemos contribuír a coidar o medio ambiente :




Ollade o seguinte video onde nos falan dos problemas causados polo home, para tomar conciencia na vida cotiá:





Picade no seguinte enlace onde atoparedes diferentes xogos interactivos sobre temas relacionados co coidado do medio ambiente:

xogos interactivos


viernes, 23 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Ao longo da semana do 12 ao 16 de maio realizáronse nas aulas diversas actividades relacionadas coas letras galegas e co autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.
Os nenos/as leron e/ou buscaron información sobre a vida do autor e a súa obra. Leron e recitaron algúns dos seus poemas, realizaron cuestionarios, fixeron carteis, marcapáxinas... 

CARTEIS REALIZADOS POLOS ALUMNOS/AS DE 5º EP:


MARCAPÁXINAS DOS NENOS/AS DE 3º EP:

O día 16 realizamos por ciclos na biblioteca unha serie de pequenos actos como homenaxe a Díaz Castro. Este foi o programa: 
EDUCACIÓN INFANTIL 
3- Recitado do poema "Esmeralda" polos propios nenos/as de infantil. 

PRIMEIRO CICLO 
SEGUNDO CICLO 
1- Os nenos/as de 3º e 4º leron o poema "Esmeralda"

TERCEIRO CICLO 
3- Un alumno de 6º recitou o poema "Penélope"
5- Realización por escrito dun cuestionario sobre a vida e obra do autor
7- "Penélope" poema recitado primeiro polo propio autor e logo cantado por Fuxan os Ventos

(premendo nos enlaces podes acceder a todos os vídeos e presentacións)

martes, 13 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou escoller a Xosé María Díaz Castro como figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide co primeiro centenario do seu nacemento.

Se queredes coñecer a súa biografía ollade este video que nos fala  da vida do autor:




No seu libro Nimbos atópase o poema Penélope

Se queredes saber mais cousas de Díaz Castro picade  no seguinte enlace:

Xosé María Díaz Castro