Cada lbro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín |
Ola lectores!!
O vindeiro 23 de abril celebramos O Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor, este ano temos que celebralo dunha maneira diferente, "na casiña coa nosa familia", usaremos o poder da lectura para combater o illamento, para estreitar os vínculos entre as persoas da nosa casa e para espertar a nosa imaxinación e o noso desexo de coñecer o que sucede ao noso arredor.
Durante o tempo de confinamento é fundamental tomarse un tempo para ler coa nosa familia para celebrar a importancia da lectura e para fomentar e promover o amor á literatura.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional editou un díptico para conmemorar este día, recurrindo ao xornalista e divulgador da cultura galega Manuel Gago. Se queredes coñecer o Díptico e o texto elaborado polo autor picade no seguinte enlace: Día mundial do libro.
No seguinte video podemos ver un resumo do porqué da celebración desta data:
Como conmemoramos este día o pasamento do noso escritor Miguel de Cervantes, no seguinte vídeo tedes un repaso da súa vida:
Estas son algunhas das propostas do Equipo da Biblioteca para este día:
- Podedes realizar as seguintes actividades LIM:
Día do libro- Podedes realizar as seguintes actividades LIM:
Xogos Quijote de la Mancha
- Para Educación Infantil e 1º de Primaria realizamos o seguinte xogo de adiviñas sobre os libros que traballaron nas aulas:
- Apadriñamento lector na casa:
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020
(A idea orixinal desta actividade recollémola da BIBLIOTECA DO CEE INFANTA ELENA)
(A idea orixinal desta actividade recollémola da BIBLIOTECA DO CEE INFANTA ELENA)
- Apadriñamento lector na casa:
Igual que no cole, cando celebramos o apadriñamento lector, os nenos e nenas maiores porfillan aos nenos e nenas máis pequenos léndolles un libro, agora imos facer o mesmo pero cada un na súa casa e coa súa familia.
Aos nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria que alguén da casa (será o seu padriño lector) lle lea un libro. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria serán os padriños e leranlle un libro aos irmáns pequenos, se os hai na casa, ou as persoas maiores coas que convivan.

Sería estupendo que nos mandarades fotos da actividade: unha foto do libro ou libros que ides ler e outra onde se vira ao neno/nena escoitando ou lendo a historia.
- Recomendacións literarias:
Invitamos aos maiores do colexio a que nos recomenden as súas lecturas favoritas para estes días e que fagan unha gravación explicándonos o motivo da súa predilección.
- Recomendacións literarias:
Invitamos aos maiores do colexio a que nos recomenden as súas lecturas favoritas para estes días e que fagan unha gravación explicándonos o motivo da súa predilección.
As fotos e os vídeos podedes envialos aos seguintes enderezos electrónicos:
bibliotecaalbinonunez@gmail.com
ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal
Esperamos que vos animedes e, sobre todo, que os libros estén presentes todos os días que nos toca QUEDAR NA CASA.