Este ano creamos na nosa biblioteca O Recuncho dos Investigadores:
E foron os pequenos e pequenas de infantil os que o estrearon:
A partir do conto Pequeno azul e pequeno amarelo descubrimos a cor verde.

Aprendemos palabras moi difíciles como microscopio, a través do que vimos unha abella.
![]() |
Cunha lupa observamos unha xoaniña.
Puxemos os lentes dos científicos.
Descubrimos que eles usaban batas igual ca nós, pero as deles eran brancas.
auga, aceite, colorante e unha pastilla efervescente

Botámoslle aceite á auga da nosa probeta, tres partes de aceite e unha de auga. Deixámolos repousar un pouco. Coas nosas gafas de científicos vimos que non se mesturaban.
|
Pero cando metemos na probeta a pastilla efervescente... |
Fixemos a nosa lámpada de lava!!