jueves, 7 de marzo de 2019

8 DE MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller , un día que conmemora a loita das mulleres pola súa participación activa na sociedade en igualdade de oportunidades. Esta é unha celebración que traspasa fronteiras,  celébrase en moitos países do mundo e  que conmemora  máis de noventa anos de loita por parte  de moitas mulleres co obxectivo de acadar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento pleno.  
Todos os anos se elixe un tema para celebrar este día, o tema elexido para este ano é "pensemos en igualdade, constuamos con intelixencia, innovemos para o cambio" e céntrase nas formas innovadoras  nas que podemos avogar pola igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres, en especial nas esferas relativas aos sistemas de protección social, o acceso  aos servizos públicos e a infraestructura sudable.
Se queredes ler a declaración picade no seguinte enlace:  DECLARACIÓN .
Se queredes coñecer a historia deste día picade no seguinte  enlace  HISTORIA DESTE DÍA
 Ou ollade os seguintes  vídeos:



Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para traballar na aula este día:

Vídeo sobre a igualdade no reparto das tarefas domésticas:


Unha homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia: