"Biblioteca
escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do
curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros
educativos galegos.
Nesta ocasión foi MINIA REGOS a
creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda
moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración
e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda
biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas
escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas
actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais
de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da
exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte
esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas.
Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta
directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca
escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con
esta temática.