A celebración anual do Día Internacional Das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro de cada ano, ten por obxecto sensibilizar á opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidade, tomar conciencia das súas necesidades e adoptar medidas para mellorar a súa situación, loitar polos dereitos das persoas con discapacidade e ser conscientes dos beneficios que se derivarían da integración destas persoas en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Esta data ten a súa orixe na resolución 47/3 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, adoptada o 14 de outubro de 1992, proclamouse co propósito expreso de que nesta data se fagan reunións de diversa índole para chamar a atención sobre a calidade de vida, a saúde, a educación , o traballo, o deporte, o disfrute do tempo libre e o exercicio dos dereitos sociais, económicos, políticos e culturais de todas elas.
Seguindo todas estas indicacións, o equipo da biblioteca selecionou estes recursos para informar e sensibilizar sobre as situacións das persoas con discapacidade e para que todos os nenos e nenas do cole traballen os valores relacionados coa diversidade e a tolerancia.
Pica no seguinte enlace: Que entendes por discapacidade atoparás unha presentación que recolle as opiniñons de diferentes persoas do mundo.
No seguinte enlace: Suxerencias para relacionarse con persoas con discapacidade ofrécense pautas para interactuar con persoas con discapacidade.
VÍDEOS PARA SENSIBILIZAR NAS CLASES SOBRE A DISCAPACIDADE:
SI PODEMOS, Spot protagonizado por rapaces e rapazas con sindrome de Down para conciencias as persoas que teñen algunha discapacidade sobre a necesidade de loitar para acadar os seus soños.
As cores das flores Narra a historia dun neno cego que se enfrenta a tarefa escolar de esplicar de que cores son as flores. Ensínnos que un neno cego pode estudar como alquer neno,
El Cazo de Lorenzo é un conto metafórico para comprender e respectar ás persoas que son diferentes. Fala das dificultades e atrancos que teñen que salvar cando non deixamos que cada persoa saque o mellor de si mesmo
Na película CUERDAS, a protagonista convértese na amiga inseparable dun neno moi especial