martes, 13 de enero de 2015

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como todos os anos, o día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Non Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal e foi recoñecido pola UNESCO en 1993.
É unha xornada educativa de pacificación, na que se recorda a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o  respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz


Tamén se conmemora a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de  xaneiro de 1948, asasinado por un fanático hinduísta. Este líder indio, despois de graduarse en dereito en Inglaterra, marchou a África e loitou contra a discriminación que padecían os indios. De volta á India organizou a resistencia non violenta, instaurando métodos de loita social novedosos coma a folga de fame. Nas súas actuacións  rexeitaba a loita armada e defendía a total fidelidade aos ditados da conciencia .  Estivo na cadea varias veces, converteuse nun heroe nacional e participou activamente na independencia da India. 
Se queredes saber máis cousas sobre a vida de Gandhi picade na seguinte imaxe


Nos seguintes enlaces atoparedes moitas e  divertidas actividades para traballar ese día:


ACTIVIDADES LIM



RECURSOS PARA A PAZ:






RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ         
                   

DEBUXOS, POEMAS, LECTURAS, CONTOS,,,




PRESENTACIÓNS, ENLACES, FRASES XOGOS



Algunhas cancións para escoitar este día: