martes, 27 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO 2021: APADRIÑAMENTO VIRTUAL
viernes, 9 de abril de 2021
MULLERES LIBRES POR UN MUNDO IGUALITARIO
Dende a escola buscamos sempre inculcar aos nosos alumn@s o respecto, a tolerancia e o compromiso fronte ás diferenzas das persoas, independentemente da súa orixe, das súas crenzas e do seu sexo, e formalos na convinción de que todos somos iguais fronte á lei, todos temos os mesmos deberes e dereitos, e todos podemos ser recoñecidos e valorados en igual medida, independentemente do sexo co que nazamos, no desempeño dos nosos postos de traballo e polas nosas capacidades.
Por iso
queremos colaborar xa dende a etapa de infantil, dándolles a coñecer grandes
mulleres que foron pioneiras en distintas facetas, ata non hai moito, case
exclusivas dos homes (grandes
empresarias, políticas, gobernantas, científicas, deportistas, enxenieiras...)
Co nosa pequena aportación dende a escola, queremos acabar cos estereotipos e
as discriminacións, aínda tan presentes na actualidade.
Neste trimestre, os nenos e nenas de 6º de infantil realizaron un proxecto sobre unha pioneira: SONIA DELAUNAY
jueves, 8 de abril de 2021
SESIÓN DE CONTACONTOS: EL ÚLTIMO ÁRBOL
![]() |
Despois da volta das vacacións, o 6 de abril, os pequenos e pequenas de infantil tiveron unha grata sorpresa no cole: unha sesión de contacontos cunha historia centrada no medio ambiente, na súa defensa e coidado, e na importancia que ten para todos nós.
EL ÚLTIMO ÁRBOL, de María Quintana Silva, foi a historia que escoitaron os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos en diferentes sesións (esta vez cada grupo dentro de cadansúa aula) e na que participaron activamente, interactuando coa contacontos que lles fixo partícipes da historia.
lunes, 15 de marzo de 2021
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
"Unha vez recollida a información, realizamos un coloquio conxunto onde os rapaces e rapazas fomos expoñendo as nosas averiguacións e opinións.
Para rematar de profundizar no tema, o 9 de marzo fixemos unha visita virtual á exposición que fisicamente se atopa no centro cultural Marcos Valcárcel da nosa cidade. Para iso contamos coa axuda de Tatiana Feijoo, que foi a encargada de guiarnos de maneira virtual pola exposición: "Galicia, de Nós a nós". Ela puxo a proba os nosos coñecementos con moitas preguntas. Pero tamén descubriunos: o nacemento dos xornais galegos e a súa vinculación coa revista, se había mulleres que colaboraban coa revista, de onde sacaba as ideas das portadas Castelao e mil cousas máis...
Merece a pena! Se podedes,
ide a visitala!"
![]() |
![]() |
viernes, 12 de marzo de 2021
A MULLER NO DEPORTE
Este ano centramos o traballo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER en destacar a figura da MULLER NO DEPORTE.
![]() |
·
Estereotipos de xénero mais comúns no
deporte.
·
Igualdade / desigualdade no deporte e na súa
práctica.
·
Linguaxe empregada, trato cara a muller
deportista.
·
Vestiario e equipación, tipo de vestimenta…
·
Persoas referentes mulleres/homes… (fútbol,
baloncesto, voleibol…)
·
Publicidade (medios de comunicación), xornais….sección deportes.
·
Oportunidades de traballo, salario….
·
Barreiras e dificultades atopadas para
acceder ao deporte.
· Valores e actitudes.
Contestaron ademais a todas as preguntas que lles fixeron os nenos e as nenas, xogaron cos máis pequenos, ensináronlles técnicas propias do deporte que practicaban, asinaron autógrafos... unha completa xornada que encantou a todos e a todas.
jueves, 4 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: EXPOSICIÓN DE LIBROS
martes, 2 de marzo de 2021
MAÑÁ DE RAP
Se Pilar Mira instruiunos na regueifa, foi o rapeiro ALAN ÁLVAREZ ARAÚJO, "EL ALANBUR" o que nos introduciu no mundo do RAP. Estas son algunhas notas da súa presentación:
![]() |
| RAP- FREESTYLE |
"Tengo 24 años y llevo en el mundo del HIP HOP desde los 13 años, donde descubrí el rap y a su vez el freestyle... ha sido un apoyo en mi vida para expresarme y "sacar" todo lo que llevo dentro, tanto improvisando como escribiendo... compito en batallas de freestyle desde hace unos 4 años, a nivel regional, autonómico y nacional.. otra de mis pasiones es ejercer de monitor de ocio y tiempo libre y juntar las dos cosas, me parece una idea excelente: mostrar a los niños el valor de la rima, el rap y la improvisación... me parece muy interesante y divertido para ellos".
lunes, 1 de marzo de 2021
MES DE ROSALÍA
Pouco a pouco imos recibindo os traballos que se foron realizando nas distintas aulas para festexar a Rosalía e a poesía, comezamos polos máis pequenos:
DECORARON MARCAPÁXINAS:
XOGARON CON ROSALÍA E COA POESÍA:



























































