Con motivo da Conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, invitamos ao noso centro dúas mulleres de ciencia,
dúas investigadoras. Elas viñeron a falarlle
aos nenos e nenas de 6ºB de Infantil, de 4ºe de 5º de primaria, do papel das mulleres na ciencia, da necesidade de que
entendan que ser científicos non é exclusivo dos homes, e da súa experiencia
como investigadoras:
Conchi Casas (Bióloga Mariña) investigando corais da Antártida,
e Emma Lorenzo (Física) investigadora dende a súa etapa de infantil, que a levou a
acadar premios internacionais en Secundaria (a participación nunha expociencia
en Rusia, finalista en premios científicos de Google e dar charlas no TEDX de
xóvenes emprendedores).
Ademais
de contarlles as súas experiencias, fixeron varios experimentos. O primeiro
deles consistiu en mostrarlle a importancia da hixiene para evitar infecións.
Para elo tomaron mostras de mans sucias, mans lavadas con xabón e por último
con hidroxel. Nuns días poderán comprobar
como proliferaron as bacterias nos distintos casos, un tema tan de
actualidade dada a situación que estamos a vivir, que nos obriga a ser moi
estritos coa limpeza das nosas mans.
Os outros experimentos foron a
elaboración dunhas lámpadas de lava empregando auga, colorante, aceite e
pastillas efervescentes, e finalmente, como facer que un volcán entre en
erupción con productos tan sinxelos coma a combinación de vinagre e
bicarbonato.
A mensaxe das nosas
invitadas para os nosos alumn@s foi moi claro, todos podemos ser o que
queiramos, ninguén pode discriminarnos, especialmente por ser do xénero
feminino, o MUNDO DA
CIENCIA TAMÉN É DAS MULLERES!!