lunes, 8 de febrero de 2021

RECURSOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convoca cada 24 de febreiro o DÍA DE ROSALÍA. Para profundizar na súa figura e na súa obra, aquí presentamos algúns recursos:  enlaces á páxinas con información, enlaces a actividades interactivas, vídeos...

- ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

- FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO 

- DESCUBRIENDO A ROSALÍA DE CASTRO 

- PRESENTACIÓN DÍA DE ROSALÍA 

- 24 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA 

- QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO?

- ROSALÍA DE CASTRO POR CEIP ANTÍN-CELA

. TRABALLOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO 

VIDA E OBRA DE ROSALÍA:







POEMAS: PARECE UNHA ROSA

   


CANTARTE HEI GALICIA

 

ADIOS RIOS, ADIOS FONTES

 

HAS DE CANTAR

   

miércoles, 3 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ 2021

Todos os anos, para rematar a celebración da semana DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, realizabamos algún acto conxunto con bailes e cancións e onde se lía algún manifesto elaborado polos alumnos e alumnas maiores. Este ano non puido ser así. 

Así que decoramos o colexio con MUÍÑOS DA PAZ que se elaboraron nas diferentes aulas e que se decoraron con frases e palabras alusivas á PAZ, e que logo "plantamos" en macetas e recipientes polos corredores e ventás. 

Tamén os nenos e nenas adornaron BRAZALETES que luciron nestes días con frases e palabras tamén alusivas á PAZ.

  







lunes, 25 de enero de 2021

RECURSOS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2021

Ao longo da semana do 25 ao 30 de xaneiro traballaremos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Fixemos unha selección de recursos para traballar nas aulas:


 

Fixemos tamén a tradicional exposición de libros sobre A PAZ no corredor de entrada á biblioteca. 
Tamén acordamos a realización de diversas actividades coma confección de bandas ou brazaletes e muíños de papel con frases e palabras relacionadas co significado desta celebración. 

sábado, 23 de enero de 2021

ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ

Fai, máis ou menos, dous meses chegaron as nosas mans os libros cos que íamos participar nos ENCONTROS CO AUTOR/A  deste ano. En canto comezamos a ler "PLAN DE RESCATE" de ANTÍA YÁÑEZ, que por certo está na biblioteca do centro, cautivounos... "profe é divertidísimo", "e... aparecen "tacos", "profe eu xa o lin en dous días", "encántame a parte das escopetas", ¨´lese rapídísimo"... 

O tema de que uns nenos da aula de apoio se convertesen en rescatadores dun secuestro no colexio tamén lles encantou. 
Despois investigamos algo sobre a autora, saber que era galega e que xogaba ao Among Us (un dos videoxogos preferidos dos alumnos de 5º) fixo que non pensaran máis que en coñecela. E ao final chegou o día, estaban moi nerviosos, pero a visita de Antía non os defraudou, deixou de lado a presentación que tiña preparada e dedicouse a contestar todas as preguntas que tiñamos sobre o libro, sobre o proceso de elaboralo, sobre ela, sobre como comezou a escribir... soupolles a pouco. Se puidesen quedarían con ela toda a mañá. Así que só nos queda repetir desde aquí: grazas polo libro e pola visita!





Este é o libro que lemos:



PLAN DE RESCATE gañou o III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2020. "Conta as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballan na aula de apoio da súa escola. Oen un estrondo, e a profesora, Xoana, desaparece cando que vai comprobar que pasou. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra?"

E estes son outros libros de Antía Yáñez. Animádevos a coñecelos!:








domingo, 20 de diciembre de 2020

EN NADAL, UN LIBRO PARA AGASALLAR!!

Un ano máis xa temos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL un pouco diferente ao doutros anos, pero sempre cheo de maxia, de ilusión e de bos momentos para compartir en familia. E que mellor forma que coa lectura? 

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións: libros en galego, en castelán, en inglés, de divulgación, para os máis pequenos, para os "máis" lectores... todos cheos de historias que vos encantarán e coas que gozarades, olvidándonos un pouco desta situación tan difícil que nos tocou vivir. Non vos esquezades de pedir como agasallo un libro (ou dous!) a Papa Noel, aos Reis Magos e/ou ao Apalpador, seguro que a eles lles encantará vir cargados de libros!! 


BO NADAL a tod@s!! 




viernes, 4 de diciembre de 2020

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE NADAL

Coma todos os anos ao chegar esta época, facemos unha exposición con libros propios das datas de NADAL, época de soños, de ilusións, de alegría, de panxoliñas e cánticos, de bos desexos...  que se reflicten na temática dos citados libros, pero tamén non faltan os misterios, a creatividade, a tristura, as aventuras, as historias que nos fan reflexionar... 

Podedes botarlle unha ollada no corredor que conduce á entrada da nosa biblio e, levalos emprestados para a casa, se queredes lelos con calma:






jueves, 3 de diciembre de 2020

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. O obxectivo desta conmemoración "é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural". (sinopse extraída da páxina oficial das Nacións Unidas sobre o Día Internacional das Persoas con Discapacidade).
Deixámosvos uns enlaces a uns materiais moi interesantes onde podedes visualizar contos e lecturas sobre a diversidade de forma moi atractiva e visual: LA CARTELERA INCLUSIVA, con dez enlaces a curtos

 

Aquí tedes outra recompilación de enlaces a recursos tamén presentados de forma moi visual: SEMANA POR LA INCLUSIÓN 


Nesta páxina do Ministerio de Sanidade, Consumo e Seguridade Social podemos acceder a máis recursos educativos:


Ourtros enlaces de interese:



Os pequenos e pequenas de 4 anos quixeron expresar co seu mural que, dentro da diversidade, todos somos iguais e que as diferenzas enriquécennos:





miércoles, 2 de diciembre de 2020

ENTREGA PREMIOS "I CONCURSO DE CADALEITOS"

Velaí tedes as fotos da entrega de premios do I CONCURSO DE CADALEITOS. Noraboa a todos e moitas grazas pola vosa participación. O vindeiro curso, debido a gran acollida que tivo esta iniciativa, volveremos cunha nova convocatoria!!

PREMIOS: 1º CONCURSO DE CADALEITOS - 2020 - Kizoa Movie Maker

martes, 1 de diciembre de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2020

Coma en anos anteriores, celebramos en novembro o MES DA CIENCIA EN GALEGO co fin de mostrar que a lingua galega é válida para o estudo científico, a investigación e a transmisión deste tipo de coñecementos.

Montamos no corredor da nosa biblioteca unha exposición cunha selección da bibliografía coa que contamos e,  ambientámolo con úteis científicos: probetas, pipetas, balanza, pesas, morteiros, microscopios..





LIBROS CIENCIA EN GALEGO


Nalgunhas aulas fixéronse experimentos e investigacións coma a que nos contan os pequenos e pequenas de 5 anos:

EXPERIMENTO CON CENORIAS

Collemos unhas cenorias e cortámoslle as ramas e case todo o seu corpo, deixando aproximadamente un cm. Colocamos as cenorias en 2 recipientes distintos: un envase de plástico para ovos con auga e un prato de plástico con papel absorbente e auga.

Ao cabo de 4 días comenzan a saír novamente as follas e unha semana despois tamén raíces, polo que conseguimos novas prantas sen necesidade de sementes.






               

E nada mellor para rematar o experimento que degustar as cenorias que non empregamos. Uhmmm están boísimas!!!