miércoles, 17 de junio de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O VERÁN
Nestas vacacións, xa acabada a época do confinamento, tanto se ides á praia, como á montaña ou se quedades na casa, os libros deben seguir sendo a vosa mellor compaña: xogos, arte, relatos, obxectos cotiáns que se volven marabillosos, amigos imaxinarios ou reais, misterios para resolver, encontros e desacordos...Todo isto e moito máis atoparedes na seguinte selección de libros que vos recomendamos para que gocedes coa súa lectura nesta época máis calorosa e soleada
Aproveitade estes días de descanso para descubrir un novo libro favorito
FELIZ VERÁN...CHEO DE LECTURAS
lunes, 15 de junio de 2020
DEZ PIRATAS
Unha vez máis SABELA GAGO quere agasallarvos cunha historia e con ela desexarvos que pasedes unhas FANTÁSTICAS VACACIÓNS!!.
Trátase do conto "DEZ PIRATAS", escrito por GLORIA SÁNCHEZ.
Estade moi atentos...
lunes, 1 de junio de 2020
Deixámosvos o enlace á unha enquisa para que valoredes o funcionamento da biblioteca ao longo deste curso 2019-2020:
- VALORACIÓN FUNCIONAMENTO BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2019-2020
- VALORACIÓN FUNCIONAMENTO BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2019-2020
lunes, 25 de mayo de 2020
PRESENTACIÓNS TRABALLOS LETRAS GALEGAS 2020
Xa temos aquí as presentacións cos traballos realizados con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
- #MOLACARVALHO:
- #MOLACARVALHO:
Parabéns a tod@s, nenos e nenas, familias e mestres que vos animastes a participar e contribuír así desta maneira a ensalzar a figura do escritor homenaxeado este ano.
Sabedes?, o hastag gañador foi #aspitasbaixoachoiva, parece que esta historia de Carvalho Calero, baseada en lembranzas da súa nenez, vos encantou a tod@s.
Sabedes?, o hastag gañador foi #aspitasbaixoachoiva, parece que esta historia de Carvalho Calero, baseada en lembranzas da súa nenez, vos encantou a tod@s.
- CONTAMOS DENDE A CASA:
Nesta homenaxe á nosa lingua non podían faltar as historias que nos contastes dende as vosas casas. Fantástico traballo, agora vede e escoitade con calma cada unha delas.
GRAZAS a tod@s os membros da nosa comunidade educativa, sen a unión e colaboración entre as casas e a escola non sería posible o traballo realizado!.
viernes, 15 de mayo de 2020
DEZ ERAN DEZ, CONTACONTOS DE SABELA GAGO
Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, de novo Sabela Gago nos envíou outro conto para os pequenos e pequenas do colexio. Outra historia de Xoán Babarro, neste caso "DEZ ERAN DEZ", unha simpática historia onde as xoaniñas son as protagonistas.
Mirade que historia máis simpática!!
Ademais, Sabela quere invitarvos a facer esta manualidade:
Moitas grazas Sabela, sempre animándonos coas túas historias!!
domingo, 10 de mayo de 2020
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS
Lectores: Xa estamos no mes de maio!! Un mes moi importante para as nosas letras xa que tódolos anos o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
A Real Academia Galega (RAG) decidiu homenaxear nese día ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento (se picades no seu nome atoparedes a súa biografía).
Por mor da pandemia da COVID-19 a RAG decidiu que este ano e de maneira excepcional se celebrará o Día Das Letras Galegas o 31 de outubro tal e como apareceu reflictido na prensa:
Para que coñezades máis cousas sobre este autor ollade este vídeo realizado polo EDLG do Colexio San Pío X de Ourense:
Tamén vos deixamos estes enlaces que nos parecen moi interesantes:
Para conmemorar este día dende as casas, propoñévosmos as seguintes actividades:
- "CONTAMOS DENDE A CASA"- cada clase elexirá un conto e repartirase o texto entre os alumnos/as de dita clase. Cada neno/a terá que ilustrar a parte do texto que lle foi asignada e logo gravarase lendo o mesmo e véndose a ilustración realizada. Logo montaremos o conto con todas as escenas gravadas.
- "#MOLACARBALLO" - para esta actividade necesitamos unha camiseta vella que xa non usemos e estampamos nela, co hagstag # diante, unha palabra, frase, título de algún libro, debuxo... refererido a Carballo Calero. Para iso, primeiro consultade a información que vai nesta páxina ou buscade en Internet para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado.
Ollade e escoitade este vídeo con poemas de Carvalho Calero
Na homenaxe de Carvalho Calero:
E o conto que escribiu basado nunha lembranza da súa nenez, "As pitas baixo a choiva":
sábado, 2 de mayo de 2020
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
Mirade os libros que nos recomendan os alumnos e alumnas de 6º de primaria dende as súas casas con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO:
Xiana recomenda "LA NIÑA QUE BEBIÓ LUZ DE LUNA"
Xurxo recomenda "GUÍA PARA NIÑOS SOBRE LOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA"
Iago recomenda "POKEMONS"
Bruno recomenda "LOS VIAJES DE GULLIVER" na versión de Gerónimo Stilton
Mateo recomenda "90 ANOS, 90 LATIDOS"
Samuel recomenda "EL MISTERIO DEL ÚLTIMO HOMBRE LOBO" de la serie FUTBOLÍSIMOS
Xabier recoméndanos o mesmo libro ca Samuel
Clara recomenda "CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES"
Gaizka recomenda "EL LINAJE DE ALOU"
Sheila recomenda "GERÓNIMO STILTON"
Yoel recomenda "Misión de cómics desaparecidos"
Marcos recomenda "El misterio del penalti invisible"
André recomenda "El misterio del tesoro pirata"
APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA 2020
Xa temos aquí o vídeo co resumo das imaxes que nos fostes mandando da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA que celebramos con motivo do DÍA MUNDIAL DO LIBRO.
Grazas a todos por participar e xa sabedes, un libro axúdanos a levar mellor esta situación na que nos atopamos. Todos os días debemos gardar un tempo para o noso momento de lectura, xa sexa sós ou acompañados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




