viernes, 1 de noviembre de 2019

A VERBATECA

O 29 de outubro realizamos a actividade  A VERBATECA (o laboratorio das palabras), actividade enmarcada dentro das actividades de animación á lectura por medio da oralidade que promove o Concello de Ourense.
Unha "pirata" trouxonos o seu tesouro:  un cofre cheo de verbas galegas coas que xogamos: xogos de observación, xogos de resposta corporal  e verbal, adiviñas, xogos de traballo en grupo, xogos de memoria... con temáticas variadas: as cores, os animais, as personaxes dos contos... 
Os pequenos e pequenas de 4 e  5 anos participaron de forma activa na actividade, interactuando e respondendo positivamente a todas as propostas da pirata "Malapata" que tratou de fomentar a súa imaxinación e creatividade, potenciando tamén o traballo en equipo (varias das actividades requerían o traballo en pequeno grupo, por parellas, por tríos...) e soubo manter unha relación afectiva con eles. Destacar tamén o fomento da nosa lingua co enriquecemento do vocabulario dos máis cativos. 

Como podedes ver na seguinte presentación a actividade foi todo un éxito:


A VERBATECA by Slidely Photo Gallery

E ao final a pirata Malapata agasallou a todos os nenos e nenas cun cofre cun regalo máxico: un saquiño con verbas en galego que levaron para as súas casas. E a súa tarefa será seguir aumentando o seu tesouro de verbas coa axuda das súas familias, amigos, compañeiros... 



lunes, 28 de octubre de 2019

XA CHEGA O SAMAÍN

Chegou o outono e con el chegan  as chuvias, as castañas, os días curtos e as noites longas... Xa vén o Samaín!!!  Chega o tempo dos defuntos, das cabazas, dos demos, bruxas e curuxas!!! Chega o tempo de pasar moito, moito MEEDO!!!
Se  queredes coñecer a súa historia picade  no seguinte enlace: SAMAÍN
Para celebrar esta data, que tanto vós gusta, o Equipo da Biblioteca deseñou diferentes actividades que esperamos sexan do voso agrado:
Preparamos no corredor da entrada unha pequena selección de  libros para que os levedes para a casa e o pasedes de medo lendo historias de terror.
Estes son  algúns dos libros  que podedes atopar:


LIBROS DE MEDO

Convocamos o VII Concurso dos Contos de  Medo tal e como podedes ler no taboleiro do LIBRÍN:

Estamos desexando coñecer as vosas historias!!!

Durante os recreos destas semanas desenvolvéronse os Obradoiros de cabazas nos que participaron nenos e nenas de todos os cursos:


Podedes atopar recursos nos seguintes enlaces:
Recursos para o SAMAIN
OS BOLECHAS E O SAMAIN
SAMAIN:Actividades LIM
Desfrutade vendo e escoitando os seguintes videos:












domingo, 27 de octubre de 2019

O NOSO LIBRO FAVORITO

Todos temos o noso libro favorito, as razóns poden ser moi variadas...
- porque lle temos un especial cariño: "regaloumo o meu avó", "deumo a miña madriña polo Nadal", "mercoumo a miña nai cando aprobei 5º curso"...
- porque a historia nos "enganchou": "era divertida, rinme un montón", "ocorre nuns lugares fantásticos", "vai sobre fútbol, o meu deporte favorito", "é unha historia moi romántica", "que medo pasei cando a lin"...
- porque os protagonistas son: "moi guapos", "simpáticos", "moi valentes", "son superheroes", "princesas en apuros", "animais moi listos"...
- porque as súas ilustracións: "son moi chulas", "moi bonitas e grandes, gústanme moito", "as fotos son fantásticas"...
- ou simplemente non sabemos explicar as razóns, sabemos que "ESE LIBRO NOS GUSTOU MOITO, e que por iso é O NOSO  LIBRO FAVORITO"
Deste xeito foron os comentarios que realizaron os nenos e nenas como resposta á actividade  "O NOSO LIBRO FAVORITO", proposta que se realizou para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Cada neno e cada nena trouxo o seu libro favorito ao cole,  logo explicou ao resto de compañeiros da súa clase as razóns da súa preferencia (algunhas como as descritas previamente) e, finalmente todos plasmaron plasticamente a unión de cada un co seu libro: debuxáronse (os máis pequenos de 3 e 4 anos pegaron a súa foto) suxeitando unha fotocopia da portada do seu LIBRO FAVORITO.

Fixemos unha gran exposición cos traballos realizados, exposición que ocupou varios corredores, tanto da primeira como da segunda planta. Aquí tedes unha mostra:


martes, 22 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO:DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS




O 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, unha efeméride que se celebra desde o ano 1997 e que xurdiu  coa proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 na Guerra dos Balcáns. Unha efeméride que pretende dar a importancia da  biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e homenaxear aos bibliotecarios como impulsores da lectura  como unha ferramenta da mellora da formación e a convivencia humana.

Con esta efeméride preténdese educar ás persoas de todas as idades sobre os valores da lectura e da cultura que se atopan nas bibliotecas e salientar o labor das bibliotecas como centros de integración e socialización que demostran decote que os libros están ao alcance de todas as persoas que desexen mergullarse entre as súas páxinas.
A edición deste ano céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. Este é o video da súa presentación:



Para conmemorar este día o Equipo da Biblioteca pretende desenvolver a actividade: "O MEU LIBRO FAVORITO" Cada neno/nena traerá da súa casa o deu libro favorito para facerlle unha fotocopia da súa portada, despois debuxarán a súa cara nun folio e recortarán as mans que se proporcionan desde a biblioteca para facer  un mural que se exporá no corredor da biblioteca.

lunes, 21 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis as mochilas viaxeiras xa andan rulando polas casas do noso alumnado. É unha iniciativa para ler en familia e compartir as lecturas no tempo de lecer. Unha actividade de fomento da lectura que implica ás familias e que proporciona un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
Todo o alumnado desde 3º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria terán  na súa casa, durante unha semana,  a mochila cargada con libros en galego e castelán (adaptados á idade de cada neno), libros para adultos, cómics, revistas de divulgación científica e un pendrive coa bibliografía e videos do noso Proxecto Documental Integrado: "Desplastifícate ".
Esperamos que vos faga a mesma ilusión recibilas nas vosas casas que a nós enchelas de soños e gañas de aprender... E a mesma ilusión coa que os nenos e nenas recibiron a mochila na nosa Biblioteca:

martes, 15 de octubre de 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Dende a nosa biblioteca queremos facernos "eco" do lema que este curso escolar se nos propón ás bibliotecas escolares de Galicia: "BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA". 
Lema que nos fai reflexionar sobre o importante labor que debemos tratar de desenvolver ano tras ano: contribuír á formación dos nosos alumnos e alumnas, facilitándolles o acceso á lectura, á información, ao coñecemento, á comunicación, á experimentación, á creación...  co fin de formar cidadáns respectuosos cos demais, cos valores culturais e democráticos e co medio ambiente. 
Trataremos co noso Proxecto Documental Integrado: "DESPLASTIFÍCATE", aportar os recursos necesarios e propor as actividades máis axeitadas para acadar ese fin. 

lunes, 14 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

Coma todos os anos por estas datas, achégase unha das actividades que máis vos gustan... o noso xa tradicional OBRADOIRO de CABAZAS do SAMAÍN.
Esperámosvos na biblio do 21 ao 25 de outubro. Non vos esquezades de ir xa traendo a vosa cabaza!!!. 



miércoles, 25 de septiembre de 2019

BENVIDA Ó NOVO CURSO 2019/20


Un ano máis comezamos o curso na nosa biblioteca cheos de ilusión e cargados de novos libros e de moitas actividades que esperamos que vos resulten interesantes e nas que desexamos contar coa vosa participación.
ESPERÁMOSVOS O DÍA 1 DE OUTUBRO!!

lunes, 17 de junio de 2019

LECTURAS PARA O VERAN

Rapaces, pasiño a pasiño...xa chegamos ao verán!!! Chegaron ás esperadas vacacións, un tempo no que toca descansar despois do esforzo de todo o curso, pero non vos esquezades de ler todos os días un pouquiño, xa sexa na praia, no campo ou á sombriña de calquera árbore!  Os mestres do equipo da biblioteca facémosvos unha proposta dos libros que a nós como lectores nos gustaron, pero encantaríanos que vos achegarades ás librarías e lle botarades unha ollada á nosa selección e que elixades os libros que vos gusten a vós para que disfrutedes de boas e divertidas lecturas este verán.