Xa temos expostos os vosos ecoconsellos. As ecomascotas Mundoman e Belli están moi contentas polo voso traballo . Os murais son todos preciosos e as mensaxes moi interesantes!! Lede todas as mensaxes...Merece a pena!!! Parabéns a todos e moitísimas grazas pola vosa colaboración
domingo, 13 de noviembre de 2016
jueves, 27 de octubre de 2016
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Os recreos desta semana resultaron moi laboriosos na nosa BIBLIOTECA, foron moitos os nenos e nenas que acudiron ao noso obradoiro para decorar cabazas.
Insertar en Blog - collage
Tanto traballo deu os seus froitos!!! Sodes todos uns artistazos!!! As cabazas quedaron moi ben.
Esta é a nosa exposición
Insertar en Blog - collage
Tanto traballo deu os seus froitos!!! Sodes todos uns artistazos!!! As cabazas quedaron moi ben.
Esta é a nosa exposición
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Na Biblioteca xa está todo preparado para que todos disfrutedes dun SAMAÍN de moito, moito medo!!!
As bruxas, os esqueletos, as arañas,os morcegos,,,colgan do teito e das paredes para dar ambiente e dos andeis saíron libros que dan moito, moito medo para que todos disfrutedes da súa lectura.
Achegádevos a ela e disfrutade do SAMAÍN!!!
As bruxas, os esqueletos, as arañas,os morcegos,,,colgan do teito e das paredes para dar ambiente e dos andeis saíron libros que dan moito, moito medo para que todos disfrutedes da súa lectura.
Achegádevos a ela e disfrutade do SAMAÍN!!!
miércoles, 26 de octubre de 2016
CONTACONTOS
Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, o profesor Xosé Carlos Caramés desenvolveu, cos nenos de infantil e de 1º de Primaria, unha sesión de contacontos. Esta sesión desenvolveuse o pasado martes, 25 de outubro.
Empregando a técnica do KAMISHIBAI os nenos disfrutaron co conto "O Chacal e o Ourizo", un conto saharaui que nos fala da importancia do traballo honesto, e da necesidade de empregar a astucia contra o abuso.
Os nenos participaron activamente no conto e pasárono moi ben.
martes, 18 de octubre de 2016
OBRADOIRO DE CABAZAS
Ante a proximidade do SAMAÍN na BIBLIOTECA celebrarase, ao longo de toda a semana na hora do recreo, un obradoiro de decoración de CABAZAS
CONCURSO CONTOS DE MEDO
Amigos Lectores cando chega o Samaín na BIBLIOTECA temos o CONCURSO DE CONTOS DE MEDO. Este ano as protagonistas serán as novas amigas de Librín, as mascotas de VOZ NATURA: MUNDO MAN E BELLI, que vivirán as historias máis terroríficas que poidades imaxinar na súa aventura de Coidar o Planeta. Este é o cartel que anuncia o concurso:
CHEGA O SAMAIN
Chegou o outono, tempo de castañas, follas secas, vento e días escuros e curtos. É o tempo da recollida do millo e das cabazas. É tamén o tempo no que facemos as caveiras coas cortizas das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos Celtas. Nesta época os nosos antepasados celebraban a aparición da época escura : poñían as caveiras dos seus inimigos con fachos de lume dentro para espantar aos malos espíritos que aparecían na longa noite de inverno. Xa hai moitos séculos que esta crenza dos nosos antepasados se perdeu, pero seguimos coa tradición de tallar caveiras nas cortizas das cabazas e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Se queredes coñecer mais cousas desta festa picade nos seguintes enlaces:
A Noite do Samaín
Se picades no seguinte enlace atoparedes actividades moi interesantres
MATERIAIS
Agora que xa coñecemos moitas cousas desta festa , atrevédevos a participar nestas actividades?
ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
XOGOS
Disfrutade con estes videos sobre o Samaín
Se picades no seguinte enlace atoparedes actividades moi interesantres
MATERIAIS
Agora que xa coñecemos moitas cousas desta festa , atrevédevos a participar nestas actividades?
ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
XOGOS
Disfrutade con estes videos sobre o Samaín
BRINCA VAI: NO SAMAÍN
O BAILE DOS ESQUELETOS
CORRE CORRE CABACIÑA
lunes, 10 de octubre de 2016
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa temos preparadas as Mochilas viaxeiras para que, esta semana, os nenos de todos os cursos as levedes ás vosas casas e disfrutedes en familia coa lectura dos materiais que leva dentro.
Con esta actividade a Biblioteca ponse en contaco coas familias para que colaboren e participen no noso gran obxectivo : A formación de grandes lectores.
Este curso dentro das mochilas, ademais dos materiais que levaban todos os anos, engadímoslle, en colaboración co equipo de Voz Natura, unha nova SECCIÓN VERDE que contén a Mascota Mundoman, unha revista sobre temas da natureza, un pendrive de ecoconsellos e un libro cunha temática sobre a natureza e o seu coidado.
Esperamos que o seu contido sexa do voso agrado, que o compartades e o disfrutedes en familia.
Con esta actividade a Biblioteca ponse en contaco coas familias para que colaboren e participen no noso gran obxectivo : A formación de grandes lectores.
Esperamos que o seu contido sexa do voso agrado, que o compartades e o disfrutedes en familia.
viernes, 7 de octubre de 2016
DÍA INTERNACIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES
Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil, para recordar un triste suceso: a destrucción da BIBLIOTECA de SARAJEVO, que foi queimada no ano 1992, durante a Guerra dos Balcáns.
Esta conmemoración naceu para trasladarlle á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.
Todas as BIBLIOTECAS agochan grandes tesouros que debemos protexer, unha das millores maneiras de protexelas é dalas a coñecer abrindo as súas portas , sacando os libros dos estantes para mostrárllelos aos lectores e, sobretodo, falar e facer que se fale delas.
Por eso é tan importante este día e todas as actividades que se celebran.
Unha das actividades programadas, para a que pedimos a vosa colaboración, é a de facer entre todos un libro cos consellos ecosaudables para ser respectuosos co medio ambiente. Esta é a proposta:
Ollade este video conto dos Bolechas que nos contan motas cousas interesantes da BIBLIOTECA
Agora un video de animción á lectura:
unha homenaxe a todos os bibliotecarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



