ESTA SEMANA ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA DECORANDO AS NOSAS CABAZAS PARA O SAMAÍN:
NA SEGUINTE PRESENTACIÓN VEREDES QUE CHULAS QUEDARON!!
sábado, 1 de noviembre de 2014
domingo, 26 de octubre de 2014
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Con motivo do Día da Biblioteca Escolar o profe Xosé Carlos Caramés contounos o conto "O gato sol" empregando a técnica do kamishibai. O kamishibai é una forma tradicional xaponesa de contar historias con láminas que teñen unha ilustración na parte dianteira e texto na parte traseira. Estas láminas vanse colocando en orde nun teatriño de tres portas chamado "butai". O presentador ou interprete vai lendo as láminas mentres os espectadores (neste caso os nenos/as) ven as ilustracións.
A experiencia resultou moi positiva como podedes ver nas imaxes. Ao rematar o conto os nenos/as confeccionaron o seu persoal gato de papel.
ESPERAMOS REPETIR A EXPERIENCIA!!
martes, 21 de octubre de 2014
II CONCURSO RELATOS DE MEDO
II CONCURSO DE CONTOS DE MEDO
Temática: Relacionada con calqueira tipo de medo: á
noite, á escuridade, ás sombras, ás tormentas, aos
pesadelos, aos terrores nocturnos. Medo
aos monstros, aos bruxos, ás meigas, aos vampiros, ás pantasmas,
aos trasnos. Medo a algúns animais
(ao lobo, ás arañas, aos paxaros, aos cans, aos gatos, aos ratos …) Medo a ir para a cama,
á auga, a perderse, ás alturas…
Presentación: Escrito en galego nun folio. Escribe o título na parte superior e o teu nome completo e o curso na parte inferior.
Gústannos os traballos limpiños e con boa letra. Encántannos as historias con moitos debuxos.
Entrega: Na biblioteca, antes do 7 de novembro.
ANÍMATE E PARTICIPA...HABERÁ PREMIOS!!!
O SAMAIN
O Samaín é unha celebración de orixe celta.
Celébrase o fin do verán e o inicio do tempo de inverno.
Na noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias. Era a noite máis perigosa do ano! Para afastar das súas casas as perigosas ánimas defuntas adoitaban colocar as caveiras iluminadas dos inimigos mortos.
a tradición europea de facer caveiras nas cortizas das cabazas.
Se picas na imaxe do Samaín terás moitos recursos para traballar esta unidade.
Neste vídeo infórmanvos sobre a orixe desta festa
lunes, 20 de octubre de 2014
LIBROS PARA O SAMAÍN
O equipo da biblioteca fixo unha selección de libros para ler no Samaín. Están nos expositores da biblioteca.
RECOMENDAMOS LIBROS
Estes son os primeiros libros que recomendan os nenos/as deste cole. Fixeron un excelente traballo. Parabéns a todos eles!
DECORACIÓN DAS CABAZAS
Xa falta pouco para o SAMAÍN... Empezamos a decorar as cabazas. Se queres participar nesta actividade trae a túa cabaza e na BIBLIOTECA decóraa como a ti máis che guste.
TEÑEN QUE QUEDAR TAN BONITAS COMO AS DO ANO PASADO!
SESIÓN DE CONTACONTOS
Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR o mestre Xosé Carlos Caramés desenvolverá co alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, unha sesión de contacontos con dous contos:
O GATO SOL, conto tradicional vietnamita contado con Kamishibai
.jpg)
POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS? Conto africano con Kamishibai
O GATO SOL, conto tradicional vietnamita contado con Kamishibai.jpg)
POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS? Conto africano con Kamishibai
lunes, 6 de octubre de 2014
ACTIVIDADE: EU RECOMENDO
O
día 24 de outubro celébrase o
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR para
homenaxear o labor que desenvolven os bibliotecarios e bibliotecarias
no fomento da lectura.
Para
celebrar este día invitámosvos
a
participar na actividade
“ EU RECOMENDO”
na que cada un de vós lle recomendades aos demais compañeiros o
libro da biblioteca que máis vos gusta.
Debedes
debuxar na plantilla que vos proporcionamos a portada do libro,
escribindo o título, o autor/ autora e a editorial.
Todas
as aportacións serán colocadas na exposició que faremos para
conmemorar esta data.
Esperamos
a vosa colaboración .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






