Unha das celebracións que máis lle gustan aos nenos e nenas do noso cole é o DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ. Como todos os anos realizamos diferentes actividades que traballamos a nivel de aula e tamén propostas e actos en común que sempre rematamos con bailes e cancións que fan a ledicia de todos ao compartir xuntos eses momentos especiais e cheos de emoción.
Baixo o lema TODOS UNIDOS NUN MUNDO EN PAZ, quixemos expresar a unión e a igualdade de todos os nenos e nenas do mundo coas súas diferenzas de raza, orixe, crenzas, costumes... e plasmámolo plasticamente nunha cadea que recorría parte dos corredores do colexio.
Tamén expresamos en inglés os nosos desexos de paz con vocabulario e expresións para tratar de conquerir entre todos a mestura perfecta que faga posible a unión e a paz: TOGETHER WE MAKE THE PERFECT BLEND.
O alumnado de 6º de primaria elaborou un manifesto: O DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ, recollendo dez pequenas accións que todos podemos realizar no noso día a día e que axudarán á un ambiente de paz e harmonía ao noso arredor.
O día 30 de xaneiro, despois de ler o decálogo, cantamos e bailamos todos xuntos a ritmo das seguintes cancións:
- PAZ, PAZ de JUANES.- A DANZA DA PAZ de MAMÁ CABRA
- A POLCA DA PAZ
(se premedes nos enlaces podedes visualizar as cancións elexidas en youtube).
DANZAMOS E CANTAMOS- DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ - 2020 by Slidely Photo Gallery