viernes, 20 de febrero de 2015

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Con motivo da celebración do 4º centenario da publicación da segunda parte de "El INGENIOSO CABALLERO DON QUIJOTE DE LA MANCHA" celebramos unha sesión de contacontos e de animación á lectura no colexio. A mesma correu a cargo de Raquel Queizás, actriz e contacontos galega.  A sesión comezou por parte da relatora presentando a un personaxe misterioso que ía aparecer e do  que foi dando pistas para que os nenos/as "entrasen en situación" (falaoulles de cabaleiros andantes, aventuras...) e como o citado personaxe non aparecía pediu axuda a dous nenos os cales acabou caracterizando de Don Quijote e de Sancho Panza...  

A actividade resultou moi amena e participativa, os nenos/as interactuaron coa relatora, trataron de adiviñar personaxes, leron versos de don Quijote, ditos de Sancho Panza...








E como os nosos/as rapaces/zas quedaron tan "enganchados" a Don Quijote e as súas aventuras, acabamos de mercar para a nosa biblioteca dous novos exemplares, neste caso adaptados para nenos/as, das aventuras do cabaleiro da Mancha. ¡Animádevos a lelos! 


Aquí tedes uns enlaces se queredes saber máis cousas sobre esta obra e o seu autor Miguel de Cervantes: 

- Libro interactivo - Biblioteca Nacional de España

- Don Quijote de la Mancha no centro virtual Cervantes 

- Celebración del 4º centenario de la publicación de la segunda parte de Don Quijote 

- Sobre o Quijote no portal de Educación de la Junta de Castilla y León 

- Aproximación didáctica ao Quijote no portal da Junta de Andalucía 


E para aprender un pouco máis e xogar con Don Quijote, picade na seguinte imaxe

jueves, 12 de febrero de 2015

MINILIBRO SOBRE A VIDA DE ROSALÍA

O equipo da biblioteca en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou este minilibro sobre a vida de Rosalía



EXPOSICIÓN SOBRE ROSALIA DE CASTRO

Na entrada da biblioteca temos unha pequena exposición sobre as obras de Rosalía de Castro.

<

miércoles, 4 de febrero de 2015

FEBREIRO... MES ADICADO Á ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de 2015 cumprense 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro,  a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas que marcou o camiño a seguir ao iniciar o proceso de recuperación de usos do galego co obxectivo de lle devolver a dignidade de que fora desposuído. Imos coñecer algo da súa vida
 Picando no seguinte enlace: 



ROSALÍA PEQUENIÑA





 Ou mirando o seguinte video Estas son algunhas das súas obras:











Disfrutade co recitado das poesías de Rosalía