Xa estamos no mes de febreiro!!! Un mes que dedicamos por completo a nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro, unha escritora que foi precursora da poesía española moderna e unha pioneira do pensamento feminista.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón desde o ano 2010 a Conmemoración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, data que coincide co aniversario do nacemento da autora e proponlle á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e ás persoas queridas.
Para a edición 2020 Daniel Asorey (se picades no nome coñeceredes a súa biografía) é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG que se lerá en Santiago, o 24 de febreiro, no Panteón de Galegos Ilustres.
O Equipo da Biblioteca ten preparado diferentes actividades que se desenvolverán ao longo de todo o mes.
Como todos os anos convocamos un novo Concurso de Poesía que este ano leva por título: "Gústanos coidar o Medio Ambiente"
Continuamos coñecendo a súa vida cos seguintes videos:
Tamén podedes desenvolver as seguintes actividades LIM sobre Rosalía:
Cancións sobre as súas poesías: